Patrimonio da Humanidade en Guinea
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Guinea, país litoral do oeste africano bañado polo golfo de Guinea e de gran variedade étnica e cultural debido á súa historia como ruta de comercio colonial, ratificou a convención o 18 de marzo de 1979, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
A Reserva Natural Integral do Monte Nimba foi o primeiro lugar de Guinea recoñecido como Patrimonio Mundial, inscrito na 5ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Sydney (Australia) en 1981.[4] Compartido con Costa do Marfil, o sitio foi posteriormente incluído na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo dende 1992 por mor dos conflitos armados locais que ameazan a estabilidade e a conservación natural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Guinea
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Reserva Natural Integral do Monte Nimba | Dix-Huit Montagnes (Costa do Marfil) / Nzérékoré (Guinea) | 1981 | 155; ii, iv (natural) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Guinea".
- ↑ UNESCO (ed.). "5th session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Guinea |