Patrimonio da Humanidade en Angola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Angola na lista do Patrimonio Mundial.
Welterbe.svg UNESCO logo.svg

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Angola, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Angola, país que mestura unha relevante herdanza cultural africana co legado artístico e cultural portugués, ratificou a convención o 7 de novembro de 1991, convertendo os seus lugares históricos elixibles para a súa inclusión na lista.[2] Angola conta dende o ano 2017 cun lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, Mbanza-Kongo, de carácter cultural.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Angola
Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nome Imaxe Rexión Período Datos da UNESCO
01 Mbanza-Kongo[5] Kulumbimbi.png Provincia de Zaire 1483 1511; 2017; iii, iv

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. UNESCO (ed.). "Angola". 
  3. "Angola". UNESCO Culture Sector. Consultado o 8 de xullo de 2017. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. UNESCO (ed.). "41st session of the World Heritage Committee". Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]