Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade no Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios do Salvador na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Salvador, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Salvador ratificou a convención o 8 de outubro de 1991, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

O sitio Joya de Cerén foi o primeiro lugar do Salvador incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 17ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Cartaxena de Indias (Colombia) en 1993.[4] É o único sitio do Salvador declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: do Salvador
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Patrimonio da Humanidade
Nº Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Sitio arqueolóxico de Joya de Cerén La Libertad 1993 III, IV (cultural) Joya de Cerén foi unha comunidade agrícola prehispánica que, como Pompeia e Herculano en Italia, foi sepultada baixo unha erupción do volcán Laguna Caldera c. 600 d.C. Debido ao excepcional estado dos restos, estes proporcionan unha visión da vida cotiá das poboacións centroamericanas que traballaban a terra naquela época.[6]

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[7] Ata 2023, O Salvador incluíu seis bens na súa lista provisional.[8]

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Golfo de Fonseca Departamento de La Unión 1992 (mixto) [9]
Cara Sucia / El Imposible Departamento de Ahuachapán 1992 (mixto) [10]
Chalchuapa Departamento de Santa Ana 1992 II, III (cultural) [11]
Ciudad Vieja / La Bermuda Departamento de Cuscatlán 1992 (cultural) [12]
Lago Güija Departamento de Santa Ana 1992 (mixto) [13]
Cacaopera Departamento de Morazán 1992 III, IV (cultural) [14]
  1. ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. ↑ UNESCO (ed.). "O Salvador".
  4. ↑ UNESCO (ed.). "17th session of the World Heritage Committee". Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
  5. ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  6. ↑ "Joya de Cerén Archaeological Site" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
  7. ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  8. ↑ "El Salvador". UNESCO. Consultado o 8 de xaneiro de 2024.
  9. ↑ "Gulf of Fonseca". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  10. ↑ "Cara Sucia / El Imposible". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  11. ↑ "Chalchuapa". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2024-01-08.
  12. ↑ "Ciudad Vieja / La Bermuda". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO. Consultado o 2024-01-08.}
  13. ↑ "Lago Güija". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO. Consultado o 2024-01-08.}
  14. ↑ "Cacaopera". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO. Consultado o 2024-01-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]