Camiños do Inca
Camiños do Inca Qhapaq Ñan (quechua) | |
---|---|
![]() Sistema de camiños do Imperio inca | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV, VI |
Inscrición | 2014 (38ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1459 |
Os Camiños do Inca (en quechua, Qhapaq Ñan, que quere dicir: camiño do rei ou do poderoso ou camiño do Inca)[1] foi un sistema de camiños de enormes distancias na civilización incaica que vinculaba as cidades importantes da costa e da serra. Estruturouse con base en dous eixos lonxitudinais: do sector da cordilleira e do chairo costeiro. Este sistema dos incas non foi senón un bimilenario legado preincaico, potenciado durante o Imperio Inca, tanto para a totalidade desa organización de rutas, que superaban os 30 000 quilómetros, como para o camiño principal (de aproximadamente 5200 km de lonxitude).[2] Todos estes camiños atopábanse conectados a Cuzco, a capital do Tahuantinsuyo ou Imperio incaico, e facilitaban a súa comunicación cos distintos pobos anexados no marco do proceso expansivo inca e, ó mesmo tempo, constituían un efectivo medio de integración político–administrativa, socioeconómica e cultural. Dado que o Qhapaq Ñan interconectaba localidades tan distantes como Quito, Cuzco e Tucumán, os conquistadores españois empregárono durante o século XVI para invadir o Perú, Bolivia, Chile e as pampas da cordilleira arxentina.
O famoso «Camiño do Inca», que une a cidade de Cuzco co sitio arqueolóxico de Machu Picchu, é só unha parte mínima e intrarrexional da xigantesca rede de camiños incas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Qhapaq = poderoso, próspero, rexio: ñan = camiño. Diccionario de la Academia Mayor de la lengua Quechua, CQOSQO
- ↑ "Unesco designó al Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camiños do Inca ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Moseley, Michael 1992. The Incas and their Ancestors: The archaeology of Peru. Thames and Hudson, Nova York.
- Hyslop, John, 1984. Inka Road System. Academic Press, Nova York.
- Andean World: Indigenous History: Culture and Consciousness de Kenneth Adrien.
- Footprints Cusco e The Inca Trail Handbook de Peter Frost e Ben Box
- Jenkins, David. "A Network Analysis of Inka Roads, Administrative Centers and Storage Facilities." Ethnohistory, 48:655–685 (Fall, 2001).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Reglamento de Uso Turístico de la Red de Caminos Inca del Santuario Histórico de Machupicchu y su Zona de Amortiguamiento Arquivado 08 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- Cortometraje del Camino Inca
- Ministerio de Relaciones Exteriores
- "Cápaq Ñam: ¿qué representación de los caminos precolombinos"
- Vídeo La gran ruta inka: legado de una gran cultura
- Vídeo sobre los porteadores del Camino inca "La reinvención de las rutas incas: representaciones y construcción de la memoria en el Perú (2001 – 2011)"