Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Mauritania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Mauritania na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Mauritania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Mauritania ratificou a convención o 2 de marzo de 1981, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Mauritania
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Parque Nacional do Banco de Arguin Rexión de Dakhlet Nouadhibou 1989 506; IX, X (natural)
02 Antigos ksar de Ouadane, Chinguetti, Tichitt e Oualata Rexión de Tillabéri 1996 750; III, IV, V (cultural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] En 2023, Mauritania incluíu tres bens na súa lista provisional.

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Paisaxe cultural de Azougui Rexión de Adrar 2001 III, IV, V, VI (cultural) [6]
Sitio arqueolóxico de Kumbi Saleh Rexión de Hodh Ech Chargui 2001 III, IV, V, VI (cultural) [7]
Sitio arqueolóxico de Tegdaoust Rexión de Hodh El Gharbi 2001 III, V (cultural) [8]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Mauritania na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  6. "Azougui Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
  7. "Kumbi Saleh Archaeological Site". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
  8. "Tegdaoust Archaeological Site". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]