Patrimonio da Humanidade en Kirguizistán


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Kirguizistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Kirguizistán ratificou a convención o 3 de xullo de 1995, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Kirguizistán
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
* Lugar transnacional
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Montaña de Suleyman | Rexión de Osh | 2009 | 1230rev; III, VI (cultural) | |
| 02 | Ruta da seda | Rexión de Chuy Compartido coa China e Kazakhstán |
2014 | 1442; II, III, IV, VI (cultural) | |
| 03 | Tian Shan occidental | Rexión de Jalal-Abad Compartido con Kazakhstán e Uzbekistán |
2016 | 1490; X (natural) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Kirguizistán na UNESCO".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |
