Patrimonio da Humanidade en Bangladesh
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bangladesh, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Bangladesh ratificou a convención o 3 de agosto de 1983, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Bangladesh
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Cidade mesquita de Bagerhat | División de Khulna | 1985 | 321: iv (cultural) | |
02 | Somapura Mahavihara | División de Rajshahi | 1985 | 322; i, ii, vi (cultural) | |
03 | Sundarbans | División de Khulna | 1997 | 798; ix, x (natural) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Bangladesh na UNESCO".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.