Patrimonio da Humanidade en Papúa Nova Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Papúa Nova Guinea na lista do Patrimonio Mundial.
Welterbe.svg UNESCO logo.svg

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Papúa Nova Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Papúa Nova Guinea ratificou a convención o 28 de xullo de 1997, convertendo os seus lugares históricos elixibles para a súa inclusión na lista.[2]

O sitio da antiga área agrícola de Kuk foi o primeiro lugar de Papúa Nova Guinea incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en ocasción da 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Quebec (no Canadá) en 2008.[3] Dende entón, Papúa Nova Guinea conta cun só sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Papúa Nova Guinea
Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nome Imaxe Rexión Período Datos da UNESCO
01 Antiga área agrícola de Kuk Kuk New Guinea 2002.jpg Enga - 9000 887; 2008; iii, iv, vi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. UNESCO (ed.). "Papúa Nova Guinea na UNESCO". 
  3. UNESCO (ed.). "32nd session of the World Heritage Committee". 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]