Patrimonio da Humanidade no Chad


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Chad, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Chad ratificou a convención o 23 de xuño de 1999, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: do Chad
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Lagos de Ounianga | Rexión de Ennedi | 2012 | 1400; VII (natural) | |
| 02 | Macizo de Ennedi: paisaxe natural e cultural | Rexión de Ennedi | 2016 | 1475; III, VII, IX (mixto) |
Lista provisional
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] O Chad inclúe sete propiedades na súa lista provisional.[6]
* Sitio transnacional
| Sitio | Imaxe | Localización (provincia) | Ano de inclusión | Criterios da UNESCO | Descrición |
|---|---|---|---|---|---|
| [[Sitio metalúrxico de Begon II | Rexión de Logone Occidental | 2005 | (cultural) | O sitio metalúrxico de Begon II está situado no sur do Chad, a aproximadamente 150 km de Moundou. A cidade máis próxima, que se atopa a 50 km do sitio, é Béssao. O sitio, que ten unha superficie de case 1.800 m², ten 1,5 km [7] | |
| Sitios de homínidos en Djourab | Rexión de Borkou | 2005 | (natural) | [8] | |
| Ruínas de Ouara | Rexión de Ouaddai | 2005 | (cultural) | [9] | |
| As curiosas minas de ferro de Télé-Nugar | Rexión de Guera | 2005 | (cultural) | [10] | |
| Petróglifos e pinturas rupestres de Ennedi e Tibesti | Rexión de Borkou, Rexión de Ennedi, Rexión de Tibesti | 2005 | (cultural) | [11] | |
| Parque Nacional de Zakouma | Rexión de Guéra, Rexión de Salamat | 2005 | (natural) | [12] | |
| Lago Chad paisaxe cultural | Rexión do lago | 2018 | II, III, VII, IX (mixto) | [13] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "O Chad na UNESCO".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ "Chad". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "Begon II metallurgical site". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Hominid sites in Djourab". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Ruins of d'Ouara". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Minas de ferro de Tele-Nugar". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO (en francés). Consultado o 2023-11-20.}
- ↑ "Petróglifos e pinturas rupestres de Ennedi e Tibesti". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO (en francés). Consultado o 2023-11-20.}
- ↑ "Parque Nacional de Zakouma". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO (en francés). Consultado o 2023-11-20.}
- ↑ "Paisaxe cultural do lago Chad". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO (en francés). Consultado o 2023-11-20.