Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Zambia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Zambia na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Zambia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Zambia ratificou a convención o 4 de xuño de 1984, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Zambia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Mosi-oa-Tunya/Cataratas Victoria Provincia do Sur 1989 509; VII, VIII (natural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] Zambia mantén 7 propiedades na súa lista provisional.[6]

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Memorial de Dag Hammarskjoeld (lugar do accidente) Provincia de Copperbelt 1997 I, II (cultural) [7]
Sitio arqueolóxico das ferradas de Kalambo (lugar de asentamento prehistórico) Provincia do Norte 1997 I, II (cultural) [8]
Bosque fósil de Chirundu Provincia do Sur 2009 VII, VIII (natural) [9]
Pinturas rupestres de Mwela Provincia do Norte 2009 III, V, VI (cultural) [10]
Fervenzas de Kalambo Provincia do Norte 2009 III, IV, VII, VIII (mixto) [11]
Fonte do Zambezi Provincia do Noroeste 2009 X (natural) [12]
A paisaxe cultural Barotse Provincia Occidental 2009 III, V (cultural) [13]
  1. ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. ↑ UNESCO (ed.). "Zambia na UNESCO".
  4. ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  6. ↑ "Zambia". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023.
  7. ↑ "Dag Hammarskjoeld Memorial (Crash site)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  8. ↑ "Kalambo falls archaeological site (prehistoric settlement site)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  9. ↑ "Chirundu Fossil Forest". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  10. ↑ "Mwela Rock Paintings". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  11. ↑ "Kalambo Falls". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  12. ↑ "Zambezi Source". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  13. ↑ "The Barotse Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]