Patrimonio da Humanidade en Fidxi
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Fidxi, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Fidxi ratificou a convención o 21 de novembro de 1990, convertendo os seus lugares históricos elixibles para a súa inclusión na lista.[2]
A Cidade Histórica Portuaria de Levuka foi o primeiro lugar de Fidxi incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO na 37ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Phnom Penh (Camboxa) en 2013.[3] Fidxi conta cun único sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, pertencente á categoría de patrimonio cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Fidxi
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano listado | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Levuka | ![]() |
Ovalau | 2013 | 1399; ii, iv (cultural) | A cidade e a súa liña baixa de edificios entre cocoeiros e mangueiras ao longo da praia foi a primeira capital colonial de Fidxi, cedida aos británicos en 1874. Desenvolveuse desde principios do século XIX como un centro de actividade comercial para estadounidenses e europeos que construíron almacéns, tendas, instalacións portuarias, residencias e institucións relixiosas, educativas e sociais arredor das aldeas da poboación indíxena da illa do Pacífico Sur. É un raro exemplo de cidade portuaria tardía colonial que foi influenciada no seu desenvolvemento pola comunidade indíxena que continuou superando en número aos colonos europeos. Así, a cidade, un notable exemplo de asentamentos portuarios do Pacífico a finais do século XIX, reflicte a integración das tradicións construtivas locais por parte dunha potencia naval suprema, o que leva á aparición dunha paisaxe única. (UNESCO/BPI)[5] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ UNESCO (ed.). "Fiji".
- ↑ UNESCO (ed.). "37th session of the World Heritage Committee". Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ UNESCO (ed.). "Cidade Histórica Portuaria de Levuka".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Fidxi ![]() |