Saltar ao contido

Xaguar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xaguar
Panthera onca
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Caracterizado por
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Cor
 Ten deseño
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaFelidae
XéneroPanthera
EspeciePanthera onca Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Panthera onca Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
 4 Editar o valor en Wikidata
 Forza de mordida
 137 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 500.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima de vida
28 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
99 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0449p Editar o valor en Wikidata
ITIS180593 Editar o valor en Wikidata
OTT42322 Editar o valor en Wikidata
UICN15953 Editar o valor en Wikidata
CoL4CGXQ Editar o valor en Wikidata
EOL328606 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O xaguar[1] (Panthera onca) é un felino carnívoro do xénero Panthera e a única das catro especies actuais deste xénero que se atopa en América. Tamén é o maior felino de América e o terceiro do mundo, despois do tigre e do león. A súa distribución actual esténdese desde o norte de México e gran parte de Centroamérica até o Perú, Paraguai e o norte da Arxentina. Exceptuando algunhas poboacións en Arizona (suroeste de Tucson), esta especie xa foi practicamente extirpada nos Estados Unidos desde principios da década de 1900.

Características

[editar | editar a fonte]

Atópase emparentado e aseméllase moito en aparencia física ao leopardo, mais xeralmente é de maior tamaño, conta cunha constitución máis robusta e o seu comportamento e hábitat son máis acordes aos do tigre (Panthera tigris). Aínda que prefire as selvas densas e húmidas, pode acomodarse a unha gran variedade de terreos boscosos ou abertos. Está estreitamente asociado á presenza de auga e destaca, xunto co tigre, por ser un felino ao que lle gusta nadar.

É fundamentalmente solitario e un cazador que tende emboscadas e oportunista á hora de elixir as presas. Tamén é un superpredador e unha especie clave que desempeña un importante papel na estabilización dos ecosistemas nos que habita, regulando as poboacións das especies que depreda. O xaguar ten unha mordedura excepcionalmente potente, mesmo en comparación con outros grandes felinos, o que lle permite perforar os caparazóns de réptiles acoirazados como as tartarugas e utilizar un método pouco habitual para matar: ataca directamente a cabeza da presa entre as orellas para proferir unha dentada fatal que atravesa o cranio cos seus cabeiros alcanzando ao cerebro.

O xaguar está cualificado na Lista Vermella da UICN como «especie case ameazada» e o seu número está en declive. Entre os factores que o ameazan inclúense a perda e a fragmentación do seu hábitat. A pesar de que o comercio internacional de xaguares está prohibido, este felino morre con frecuencia a man dos humanos, especialmente en conflitos con rancheiros e granxeiros. Aínda que reducida, a súa distribución xeográfica continúa sendo ampla. Ao longo da historia, esta distribución outorgoulle un lugar prominente na mitoloxía de numerosas culturas indíxenas americanas, como os maias e os aztecas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xaguar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]