Patrimonio da Humanidade na República do Congo
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] A República do Congo, país do Golfo da Guinea cuxo legado cultural está marcado pola presenza histórica dos pobos bantús, ratificou a convención o 10 de decembro de 1987, convertendo os seus lugares elixibles para a súa inclusión na lista.[2]
O sitio trinacional de Sangha (compartido co Camerún e a República Centroafricana) foi o primeiro lugar da República do Congo incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, inscrito na 36ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en San Petersburgo (Rusia) en 2012.[3] É o único sitio da República do Congo declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación natural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: da República do Congo
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Rexión | Período | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Sitio trinacional de Sangha* | ![]() |
A República Centroafricana, a República do Congo e o Camerún | - | 1380; 2012; ix, x |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ UNESCO (ed.). "Congo".
- ↑ UNESCO (ed.). "36th session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade na República do Congo |