Saltar ao contido

Guanaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guanaco
 Nome taxon
    Lama guanicoe
 Nome curto
    L. guanicoe (mul) Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Fonte de
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaCamelidae
XéneroLama
EspecieLama guanicoe Editar o valor en Wikidata
(P.L.S. Müller, 1776) Lama guanicoe Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   33,7 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   352 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02mdrb Editar o valor en Wikidata
ITIS625029 Editar o valor en Wikidata
UICN11186 Editar o valor en Wikidata
CoL3RYF3 Editar o valor en Wikidata
EOL309017 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O guanaco[1] (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario da llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.

Poboación e distribución

[editar | editar a fonte]

O guanaco é nativo das rexións áridas e montañosas de América do Sur. Atópanse no altiplano do Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Chile e a Arxentina. En Chile e na Arxentina, son máis numerosos nalgunhas rexións da Patagonia, en lugares como o Parque Nacional Torres del Paine e na Illa Grande da Terra do Fogo. Nestas zonas, existen limitacións en materia de concorrencia (pasto do gando). Algúns indios bolivianos son coñecidos por axudar a poboación de guanacos a recuperar a súa estabilidade de poboación. O tempo de vida normal dun guanaco é de vinte a vinte e cinco anos.

Época de apareamento

[editar | editar a fonte]

A época de apareamento ocorre entre novembro e febreiro, durante a cal os machos, frecuentemente, pelexan violentamente para establecer o dominio sobre a femia e para ter os dereitos de reprodución. Once meses despois nace un único descendente (chamado de chulengo). Os chulengos son capaces de andar inmediatamente após o nacemento. Os novos chulengos machos son expulsos do rabaño logo dun ano de idade.

Guanacos no Parque Nacional Torres del Paine, en Chile
  1. ↑ "Entrada guanaco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 04 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]