Natureza
A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan.
O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral. En xeral non inclúe aos obxectos artificiais nin á intervención humana, a non ser que se empregue un cualificativo que faga referencia. Nun senso máis restrinxido, adóitase empregar o termo para referirse ao ambiente[Cómpre referencia].
Etimoloxía e significado
[editar | editar a fonte]A palabra "natureza" provén do latín natura, que significa "o curso das cousas, o carácter natural"[1]. Natura é a tradución latina da palabra grega physis (φύσις), de onde, entre outras, deriva a palabra física, que no seu significado orixinal facía referencia á forma innata na cal medran espontaneamente as plantas e os animais, ás súas características de seu[2]. Así aparece no primeiro uso escrito do termo physis, empregado por Homero, e fai referencia ás cualidades intrínsecas dunha planta[3].
O sentido da palabra natura, no latín, vencéllase ao nacemento. A concepción latina é a de "nai natura", é un símbolo que ten relación coa vida nun senso moi amplo. Varias culturas representaron este concepto con deuses. En cambio, o concepto de natura como un todo que se identifica co universo físico é un concepto que se engadiu máis recentemente como consecuencia do desenvolvemento da ciencia moderna, cun uso cada vez máis amplo nos últimos séculos[4][5].
Dentro dos diversos usos que se fan hoxe en día do termo, cando se fala de "natura" pódese facer referencia ao dominio xeral, aos reinos nos que se clasifican varios tipos de seres vivos, como as plantas ou os animais. Nalgúns casos refírese aos procesos vencellados con obxectos inanimados: a forma na cal existen os diversos tipos de cousas e os seus cambios espontáneos, como o tempo atmosférico, a xeoloxía da Terra, a materia e a enerxía que posúen todos estes entes.
Natura a miúdo ten o significado da contorna natural, que abrangue aos animais salvaxes, as rochas, os bosques, as praias e, en xeral, todas as cousas que non foron alteradas de xeito substancial polo ser humano, ou que persisten a pesar da intervención humana. Este concepto máis tradicional das cousas naturais implica unha distinción entre o que é natural e o que é artificial, entendido o derradeiro concepto como algo elaborado pola mente ou o coñecemento humano.
A Terra
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Terra, Tectónica de placas e Xeoloxía.
A Terra é o quinto planeta máis grande do Sistema Solar e o terceiro en orde de distancia ao Sol. É o maior dos planetas telúricos ou interiores, e o único lugar do universo no cal sábese que existe vida. As rexións máis destacadas do clima da Terra son as dúas grandes rexións polares, dúas zonas amornadas relativamente estreitas e unha ampla rexión ecuatorial, tropical e subtropical[6]. Os patróns de precipitación varían moito en función do lugar, e oscila entre uns cantos metros de auga ao ano e menos dun milímetro nalgunhas zonas desérticas. Aproximadamente o 70 por cento da superficie terrestre está cuberta por océanos de auga salgada. O resto consiste en continentes e illas, e a gran maioría da terra habitable atópase no hemisferio norte.
A Terra evolucionou mediante procesos xeolóxicos e biolóxicos que deixaron vestixios, trazas, que indican como debían de ser as condicións orixinais. A codia terrestre, a superficie externa da terra, atópase fragmentada en varias placas tectónicas que vanse desprazando moi lentamente e de xeito gradual; nalgúns casos excepcionais este desprazamento sucedeu de xeito relativamente rápido. O interior do planeta, o manto terrestre, permanece activo cunha capa grosa de materiais fundidos e un núcleo rico en ferro, que xera un potente campo magnético.
As condicións atmosféricas variaron significativamente e son diferentes das condicións orixinais; isto foi causado principalmente pola presenza de formas de vida[7], que, xerando lixeiras modificacións, crearon un equilibrio ecolóxico que estabiliza as condicións da superficie. A pesar das grandes variacións rexionais do clima, pola latitude e outros factores xeográficos, o clima global medio, a longo prazo, é bastante estable, e é regulado con bastante precisión durante os períodos interglaciais[8]. As variacións dun ou dous graos na temperatura global media tiveron efectos moi importantes no equilibrio ecolóxico e na xeografía da Terra[9][10].
Perspectiva histórica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia da Terra.
Os científicos recolleron información polo miúdo sobre o pasado do planeta baseándose nas probas dispoñibles. Crese que a Terra formouse hai uns 4.550 millóns de anos a partir da nebulosa protosolar, ao mesmo tempo que o Sol e os outros planetas[12]. A Lúa formouse relativamente pouco despois, aproximadamente 20 millóns de anos máis tarde, é dicir, hai uns 4.530 millóns de anos, moi probablemente a súa creación débese a unha colisión entre a Terra e outro planeta da mesma medida ou máis grande que Marte.
Nun comezo a capa exterior do planeta era de material en estado líquido ou rocha fundida, pero paseniñamente foise arrefriando ata constituír unha codia sólida. As emisións de gases e a actividade volcánica formaron a atmosfera inicial. A condensación do vapor de auga, xunto co xeo dos cometas que naquela época impactaban coa Terra, crearon os océanos[13]. Crese que agora hai uns 4.000 millóns de anos produciuse un intenso proceso químico, nunhas condicións de moita enerxía, que fixo posible a aparición dunha molécula con capacidade de autoduplicarse[14]. Os continentes formáronse pola dinámica explicada na tectónica de placas, afastáronse e volvéronse a xuntar nun proceso de centenares de millóns de anos; houbo intres de millóns de anos nos que se uniron por dar lugar a un supercontinente:
- Rodínia. É o primeiro supercontinente coñecido, comezou a fracturarse hai uns 750 millóns de anos.
- Pannotia. Máis tarde, os continentes volvéronse a unir formando Pannotia, que se dividiu hai uns 540 millóns de anos.
- Panxea. O derradeiro supercontinente do que se teñen probas é Panxea, que comezou a separarse hai uns 180 millóns de anos[15].
Hai uns cantos millóns de anos, unha especie de pequeno simio africano adquiriu a capacidade de poñerse en pé e camiñar ergueito[18]. A evolución posterior da vida humana e o desenvolvemento da agricultura e da civilización permitiron aos humanos actuar sobre a Terra dun xeito moito máis intenso do que calquera forma de vida anterior, nun espazo de tempo relativamente curto. As accións humanas inflúen de xeito drástico na natureza en xeral e, en particular, nas outras formas de vida e no clima global do planeta, se se compara coa duración doutro grande proceso climático, a catástrofe do osíxeno, producida durante o período Sideria debido á grande proliferación de algas, necesitou 300 millóns de anos para chegar ao seu punto álxido.
Unha enquisa levada a termo polo Museo Americano de Historia Natural no ano 1998, revelou que o 70% dos especialistas consideraban que a era actual forma parte dun acontecemento de extinción masiva, a extinción masiva do Holoceno, que sería a máis rápida de todas as coñecidas[19][20]. Algúns expertos, como E. O. Wilson da Universidade Harvard, predín que a destrución humana da biosfera podería causar a extinción da metade de todas as especies nos vindeiros 100 anos.[21] Aínda así, o alcance desta extinción actual aínda se está a investigar, discutir e calcular por biólogos e outros expertos no tema[22].
Tempo atmosférico e clima
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Atmosfera terrestre, Tempo atmosférico e Clima.
A atmosfera terrestre é un factor chave no sostemento do ecosistema planetario. Esta delgada capa de gases que envolve á Terra mantense no seu lugar grazas á acción da gravidade terrestre. Está composta por un 78 % de nitróxeno, un 21% de osíxeno, un 1% de argon e outros gases inertes, dióxido de carbono, e unha cantidade variable de vapor de auga.
A presión atmosférica diminúe coa altitude de xeito constante, ata chegar a uns 8 km da superficie terrestre; canta máis altura, menos presión, de acordo cunha constante matemática, o número e, que equivale aproximadamente a 2,71.[23][24]
A capa de ozono que protexe a Terra exerce un papel esencial na redución da cantidade de radiación ultravioleta (UV) que chega á superficie terrestre. A capa de ozono actúa de escudo e protexe a vida da superficie terrestre posto que, doadamente, o ADN pódese danar pola acción desta radiación. Doutra banda, a atmosfera tamén retén a calor durante a noite, reducindo polo tanto as temperaturas extremas diarias. As variacións do tempo atmosférico teñen lugar case exclusivamente na troposfera, parte baixa da atmosfera, que actúa de sistema convectivo por redistribuír a calor.
As correntes oceánicas son outro factor importante por determinar o clima, especialmente a circulación termohalina submarina, que distribúe a enerxía calorífica dos océanos ecuatoriais polas rexións polares. Estas correntes axudan a moderar as diferenzas de temperatura entre a inverno e o verán nas zonas tépedas. Sen as redistribucións de enerxía calorífica que realizan as correntes oceánicas e atmosféricas, os trópicos serían moito máis cálidos e as rexións polares moito máis frías. O tempo atmosférico pode ter á súa vez efectos beneficiosos e prexudiciais.
Os fenómenos meteorolóxicos extremos, como os tornados ou os furacáns e ciclóns, poden empregar grandes cantidades de enerxía na súa traxectoria e esnaquizar todo o que atopan ao seu paso. A vexetación superficial desenvolveu unha dependencia da variación estacional do tempo, e os cambios repentinos, aínda que só duren uns cantos anos, poden ter un efecto devastador, tanto sobre a vexetación como sobre os animais que dependen dos vexetais por alimentarse.
O clima planetario é unha medida das tendencias do tempo atmosférico ao longo do tempo. No cambio climático poden influír varios factores, como as correntes oceánicas, a albedo superficial, os gases do efecto invernadoiro, as variacións na luminosidade solar e os cambios na órbita do planeta. En base aos rexistros históricos, actualmente sábese que a Terra sufriu no pasado cambios climáticos drásticos, incluíndo glaciacións.
O clima dunha rexión depende dun certo número de factores, como a latitude. Unha franxa latitudinal da superficie terrestre que ten unhas características climáticas semellantes conforma unha rexión climática. Na Terra, hai un certo número destas rexións, que teñen dende un clima tropical no ecuador a un clima polar nos extremos setentrional e meridional.
O tempo atmosférico tamén está influído polo ciclo das estacións, que son o resultado da inclinación do eixo da Terra respecto ao seu plano orbital. Deste xeito, en calquera momento do verán ou o do inverno, hai unha parte do planeta que está máis exposta aos raios do sol. Esta exposición vaise alternando mentres a Terra realiza a súa órbita. A cada pouco, sen ter en conta o factor estacional, os hemisferios norte e sur experimentan condicións climáticas opostas.
O clima é un sistema caótico que pode ser modificado de xeito inmediato por pequenos cambios no ambiente, por iso as previsións meteorolóxicas exactas actualmente só se limitan a algúns días. En conxunto, están sucedendo dúas cousas a escala mundial:
- a temperatura está medrando en media;
- os patróns climáticos están mudando e vólvense cada vez máis caóticos.[25]
Auga na terra
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Auga.
A agua é unha substancia química que está composta de hidróxeno e osíxeno e é vital para todas a formas coñecidas de vida.[26] Popularmente emprégase o termo auga para referirse ao seu estado líquido, existindo tamén en forma sólida como xeo, e gasosa como vapor de auga. A auga cobre o 71% da superficie da terra.[27] Na terra, atópase principalmente nos océanos e outros grandes corpos acuáticos, cun 1,6% baixo a codia en forma de acuíferos e un 0,001% no ar como vapor e nubes (formadas a partir de partículas sólidas e líquidas suspendidas no aire).[28] Os océanos abranguen o 97% da auga da terra, os glaciares e campos de xeos abranguen o 2,4%, e outras masas de auga da superficie como ríos, lagos e pozas o 0,6%. Adicionalmente, unha minúscula proporción da auga terrestre atópase contida en corpos biolóxicos e produtos manufacturados.
Océanos
[editar | editar a fonte]Os océanos son grandes extensións de auga salgada que forman principalmente a hidrosfera.
Os cinco océanos | ||||
Atlántico |
Ártico |
Índico |
Pacífico |
Antártico |
Aproximadamente o 71% da superficie da terra (unha área de 361 millóns de km²) está cuberta por océanos, un continuo corpo de auga que adoita ser divido entre diferentes océanos e mares. Máis da metade desta área está a máis de 3.000 metros de profundidade. A salinidade media está ao redor do 35 partes por mil (ppt) (ou 3,5%), atopándose a maioría das augas mariñas entre as 30 e 38 ppt. Malia estar recoñecidos diversos océanos "separados", estas augas forma un único corpo interconectado de auga salgada a miúdo referido como océano mundial ou océano global.[29][30] Este concepto de océano global como corpo de auga continuo cun relativo libre intercambio de auga entre as súas partes é de importancia fundamental para a oceanografía.[31]
As principais divisións dos océanos veñen definidas polos continentes, diversos arquipélagos, e outros criterios: estas divisións son (en orde descendente de tamaño) o océano Pacífico, o océano Atlántico, o océano Índico, o océano Antártico e mailo océano Ártico. As rexións menores dos océanos divídense entre mares, golfos, baías entre outros nomes. Existen tamén lagos salgados, que son corpos menores de auga salgada que non están interconectados cos océanos. Dous exemplos notables de lagos salgados son o mar de Aral e mailo mar Caspio.
Lagos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lago.
Un lago (do Latín lacus) é un accidente xeográfico, un corpo líquido que ocupa depresións da superficie terrestre. Na terra, considérase lago a aqueles corpos líquidos que se atopan no interior, separados dos océanos, e que son meirandes cás lagoas, e son alimentados por un río.[32][33] Ademais da terra, o único planeta coñecido que alberga lagos é Titán, a meirande lúa de Saturno, que alberga lagos de etano, probablemente mesturados con metano. Non se sabe se os lagos de Titán aliméntanse de río, porén sábese que a superficie de Titán está cuberta de leitos de ríos. Os lagos naturais da terra adóitanse atopar xeralmente en áreas montañosas, fendas producidas na superficie, e áreas de recente glaciación. Outros lagos atópanse en cuncas endorreicas ou ao longo dos cursos de ríos maduros. Nalgunhas partes do mundo, existen moitos lagos debido aos restos dos caóticos patróns de drenaxe deixados trala derradeira Idade do xeo. Tódolos lagos son temporais baixo as escalas de tempo xeolóxicas, xa que co tempo rematan enchéndose de sedimentos ou rematan por saír das cuncas que os conteñen.
Lagoas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lagoa.
Unha lagoa é un corpo de auga estancada, natural ou artificial, que adoita ser máis pequena ca un lago. Existen unha gran variedade de lagoas feitas de xeito artificial, incluíndo os estanques deseñados con fins ornamentais, viveiros de peixes deseñados para a cría comercial de peixes, e estanques solares deseñados para almacenar enerxía termal. Os lagos e lagoas distínguense dos regatos pola velocidade das correntes. Mentres as correntes dos regatos son doadamente observables, os lagos e lagoas posúen microcorrentes conducidas termalmente e correntes moderadas levadas polo vento. Estas características distingues as lagoas de moitos outros corpos acuáticos como as pozas e pozas mareais.
Ríos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Río.
Un río é un curso de auga,[34] normalmente de auga doce, que flúe cara a un océano, lago, mar ou outro río. Nalgúns casos, o río flúe pola superficie ata desaparecer na terra antes de chegar a outro corpo acuático. Os ríos pequenos coñécense popularmente como regatos, riachos, ribeiros, e córregos; non existe regra xeral que defina o que se pode chamar río. Os ríos forman parte do ciclo hidrolóxico. A auga que flúe nos ríos é xeralmente recollida das precipitacións a través das escorras, recarga dos acuíferos e mananciais, e a liberación de augas contidas no xeo e neve (ex. glaciares).
Cursos fluviais
[editar | editar a fonte]Un curso fluvial é un corpo de auga que flúe cunha corrente, confinado entre o leito e as marxes. Os cursos fluviais son importantes como condutores do ciclo hidrolóxico, alimentadores dos acuíferos e augas subterráneas, e corredores para as migracións dos peixes e vida silvestre. O hábitat biolóxico nos inmediatos arredores dunha corrente fluvial chámase zona de ribeira. Dado o estado actual da extinción masiva do Holoceno, as correntes desempeñan un importante papel como corredor biolóxico ao conectar hábitats fragmentados, contribuíndo así a conservar a biodiversidade. O estudo das correntes fluviais e canles, en xeral, é coñecido como hidroloxía de superficie é un elemento central da xeografía ambiental.[35]
Vida
[editar | editar a fonte]Aínda que non exista un consenso universal sobre a definición da vida, os científicos, en xeral, aceptan que a manifestación biolóxica da vida caracterízase polos seguintes factores ou funcións: organización, metabolismo, crecemento, adaptación, resposta a estímulos e reprodución[36]. Os seres vivos (plantas, animais, fungos, protistas, archaea e bacterias) teñen estas propiedades comúns: están constituídos por células, teñen unha organización complexa baseada na auga e no carbono, teñen un metabolismo e a capacidade de medrar, responder a estímulos e reproducirse. Por iso, considérase que unha entidade que reúna estas propiedades está viva.
Dun xeito máis simple, tamén pode considerarse a vida como o estado característico dos organismos. Aínda así, non todas as definicións que hai sobre a vida consideran esenciais todas estas propiedades; tamén se emprega o termo "vida" no caso de formas análogas creadas polo ser humano, e entón fálase de "vida artificial". A biosfera é a parte da capa máis externa da Terra, incluíndo o aire, a terra, as rochas superficiais e a auga. É nesta parte onde se desenvolveu a vida, e onde se realizan e transforman os procesos bióticos. Dende unha visión xeofísica moi ampla, a biosfera é o sistema ecolóxico global que integra a todos os seres vivos e as súas relacións, incluíndo a súa interacción cos elementos da litosfera (rochas), a hidrosfera (auga), e a atmosfera (aire). Na actualidade, estímase que a Terra contén preto de 75.000 millóns de toneladas (uns 6,8 x 1.013 kg) de biomasa, presente en varios ambientes dentro da biosfera .[37].
Preto de nove décimas partes da biomasa da terra é de orixe vexetal, da cal depende a supervivencia da vida animal.[38]. Ata a data, identificáronse máis de 2 millóns de especies de plantas e animais[39], as estimacións realizadas sobre a cantidade real de especies existentes varían entre uns poucos millóns e máis de 50 millóns de especies.[40][41][42]
A cantidade de especies existentes na Terra oscila constantemente, posto que continuamente están a aparecer unhas novas e outras deixan de existir, nunha dinámica continúa[43][44] Na actualidade, a cantidade total de especies está a experimentar unha rápida baixada.[45][46][47].
Evolución
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Evolución.
A vida, tal e como se entende xeralmente, só se constatou que existe no planeta Terra. A orixe da vida é aínda un proceso pobremente comprendido, pero crese que apareceu hai uns 3.900 e 3.500 millóns de anos, durante os eóns do hadeico ou arcaico, nos que a Terra tiña unhas condicións ambientais substancialmente diferentes das actuais[48]. Estas formas vitais primixenias xa posuían a capacidade de autoreplicación e de transmisión hereditaria. Unha vez que a vida apareceu, o proceso da evolución, aparentemente mediante a selección natural, xerou a formación de diversas formas de vida.
As especies que non foron quen de afacerse aos cambios ambientais e á competencia doutras formas de vida extinguíronse. Malia todo, os rexistros fósiles gardan a evidencia da existencia pasada de moitas destas especies antigas. Os fósiles e o ADN confirman a evidencia de que todas as especies existentes forman parte dalgunha liñaxe ligada a tódalas formas de vida primixenias.
O feito de que as formas máis básicas de vida vexetal comezasen a realizar a fotosíntese foi clave para a creación das condicións que fixeron posible o desenvolvemento de formas de vida máis complexas. O osíxeno resultante do proceso acumulouse na atmosfera e deu lugar á capa de ozono. A relación de simbiose entre células sinxelas deu lugar ao desenvolvemento de células aínda máis complexas denominadas eucariotas[49]. As células agrupáronse en colonias e comezaron a especializarse, cada vez máis, dando lugar a verdadeiros organismos pluricelulares. Grazas á capa de ozono, que absorbe as radiacións ultravioletas nocivas, a vida foi colonizando a superficie da Terra.
Os primeiros seres vivos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Microorganismo.
A primeiras formas de vida que se desenvolveron á Terra foron microbios, microorganismos dunha soa célula, de medida moi pequena, por baixo da visión do ollo humano. Foron os únicos seres vivos que existiron ata a aparición dos organismos pluricelulares, agora hai uns mil millóns de anos[50] Os microbios inclúen ás bacterias, os fungos, os archaea e os protistas.
Estas formas de vida pódense atopar en todos os recunchos do planeta onde hai auga en estado líquido, ata no interior das rochas [51].A súa capacidade reprodutora é moi elevada, cun ciclo moi curto, sendo moi prolíficos. Ademais, teñen un índice de mutación moi alto e poden realizar unha transferencia horizontal de xenes. Estas características convérteos nuns seres altamente adaptables, e capaces de sobrevivir en ambientes de nova aparición, incluíndo o espazo exterior. Forman unha parte esencial do ecosistema planetario, aínda cando fai falta destacar que algúns destes microorganismos son patóxenos, é dicir, son a fonte de moitas das doenzas doutros organismos.
As plantas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Planta.
A diferenza entre a vida animal e a vexetal non é tan taxativa como poida parecer, xa que hai algúns seres vivos que reúnen características de ambas as dúas categorías. Aristóteles dividiu todos os seres vivos en plantas, que en xeral non se moven, e animais, que si o fan. No sistema de Linnaeus, estes dous grandes grupos convertéronse nos reinos Vegetabilia (máis tarde Plantae) e Animalia. Dende as sementes, viuse que o reino Plantae, tal e como estaba definido orixinalmente, incluía varios grupos sen ningunha relación, e separáronse os fungos e varios grupos de algas trasladándoos a reinos novos; aínda así, continúanse considerando plantas nalgúns contextos. Con respecto ás bacterias, inclúense ás veces dentro a flora;[52] tanto é así, que certas clasificacións empregas os termos flora bacteriana e flora vexetal de xeito separada.
Unha dos moitos xeitos de clasificar as plantas é por floras rexionais, que, en función dos obxectivos do estudo, poden incluír tamén á flora fósil, os restos de vida vexetal do pasado. Esta diversidade varía moito debido ás diferenzas de climas e da constitución do chan.
A flora rexional adóitase dividir en subcategorías como son flora nativa a que aparece de xeito espontáneo, a flora agrícola e a flora de xardín, que son as que cultiva o home intencionadamente. Algunhas clases de flora nativa, en realidade foron introducidas fai séculos, por exemplo, por emigrantes que viaxaron dunha rexión ou continente a outro, e co paso do tempo convertéronse en parte da flora nativa ou natural do novo hábitat. Este é un exemplo máis de como a acción humana pode influír naquilo que se considera "natureza". Sirva como exemplo o castiñeiro Castanea sativa, árbore caducifolia moi común nos montes de Galicia cuxa forte aclimatación ás terras e condicións galegas fai pensar que é unha especie autóctona, cando en realidade foi introducida no tempo dos romanos.[53][54]
Outra categoría de plantas son as denominadas "malezas". Aínda que o termo perdeu uso entre os botánicos como un xeito de designar as plantas "inútiles", o seu uso informal, co que se lle chama en xeral a aquelas plantas que estorban e que compre eliminar, ilustra perfectamente a tendencia xeral das persoas, e das sociedades en xeral, de pretender alterar o curso da natureza. Do mesmo xeito, os animais adóitanse clasificar con denominacións como animais domésticos, de granxa, salvaxes, pragas etc., segundo a relación que teñan co ser humano.
Os animais
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Animais.
Os animais, como categoría, teñen varias características que os diferencian dos outros seres vivos. Os animais son eucariotas e normalmente pluricelulares (ver Myxozoa), o que os distingue das bacterias, os archaea e a maior parte dos protistas. Son heterótrofos, e xeralmente dixiren a comida nun órgano interno, o cal os diferenza das plantas e as algas. Tamén se distinguen das plantas, as algas e os fungos, porque eles carecen das paredes celulares.
Cunhas cantas excepcións, especialmente a das esponxas (Porifera), os animais teñen un organismo composto por varios tecidos diferenciados, que comprenden músculos, capaces de contraerse e controlar a locomoción, e un sistema nervioso, que envía e procesa sinais. Na maioría dos casos, teñen un aparello dixestivo interno. As células eucariotas que teñen todos os animais están rodeadas por unha matriz extracelular característica, composta por coláxeno e glicoproteínas elásticas, que se poden calcificar formando estruturas como as cascas e ósos nos cales a célula desprázase e se reorganiza durante o seu desenvolvemento e maduración, contribuíndo ao apoio da complexa anatomía necesaria para a locomoción.
Ecosistemas
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Ecoloxía e Ecosistema.
Todas as formas de vida teñen a necesidade de relacionarse, interactuar coa contorna no cal están inmersos, e tamén con outras formas de vida. No século XX, esta premisa deu lugar ao concepto de ecosistema, que comezou a desenvolverse entre 1920 e 1930, e que se pode definir como calquera situación na cal hai unha interacción entre organismos e a súa contorna. O ecosistema é un sistema dinámico relativamente autónomo, formado por unha comunidade natural e o seu ambiente físico. O concepto ten en conta as complexas interaccións entre os organismos (plantas, animais, bacterias, algas, protozoos e fungos, entre outros) que forman a comunidade e os fluxos de enerxía e materiais que a atravesan.
Os ecosistemas constan de factores bióticos e abióticos que funcionan de xeito interrelacionado[56]. A estrutura e composición vén determinada por varios factores ambientais que interactúan. As variacións destes factores provocan modificacións dinámicas dentro do ecosistema. Algúns dos compoñentes máis importantes son: a terra, a atmosfera, a radiación do sol, a auga, e os seres vivos.
Cada organismo vivo ten unha relación continua con cada un dos outros elementos que constitúen a súa contorna. Dentro do ecosistema, as especies relaciónanse e dependen unhas das outras formando parte da denominada cadea trófica, e intercámbianse materia e enerxía, entre elas mesmas e coa súa contorna[57]
Todas as especies teñen límites de tolerancia aos factores que afectan a súa supervivencia, o seu éxito reprodutivo e a súa capacidade de continuar medrando e interactuando de xeito sostible co resto da súa contorna. Estas, á súa vez, poden influír nestes factores, as consecuencias dos cales poden estenderse a outras moitas especies ou ata á totalidade da vida.[58] O concepto de ecosistema é, polo tanto, un obxecto de estudo importante, posto que o devandito estudo proporciona a información necesaria para tomar decisións sobre como a vida humana pode interactuar de forma que permita aos ecosistemas variados un crecemento sostido en orde ao futuro, no canto de espolia-los. Para tal estudo tómase unha unidade máis pequena denominada microecosistema. Por exemplo, un ecosistema pode ser unha pedra con toda a vida que aloxa; un macroecosistema podería comprender unha ecorexión enteira, coa súa conca hidrográfica[59]
Algúns ecosistemas están sometidos actualmente a un estudo máis intensivo. Son os:
- Ecosistemas continentais. Por exemplo, os do bosque, os de pradería como as estepas e sabanas, ou os ecosistemas agrarios.
- Ecosistemas de augas interiores. Subdivídense en sistemas lénticos, que corresponden aos lagos e estanques, e os lóticos, que fai referencia aos ríos.
- Ecosistemas oceánicos. Son os grupos rexionais de plantas e animais moi ben adaptados ás condicións ambientais dunha determinada zona coñécense como biomas.
Finalmente, unha organización moi ampla, hoxe baixo estudo e análise, e tamén suxeito a discusións sobre a súa natureza e validez, é a que contempla o conxunto completo da vida existente entendida, facendo unha analoxía, como un grande organismo independente. É unha teoría que se coñece como ciencias da Terra, ou menos formalmente, como a hipótese Nesga[60][61].
Interacción co ser humano
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Aínda que os seres humanos actualmente representan, aproximadamente, só un 0,5% da biomasa de vida total da Terra[62][63], o efecto da súa actividade sobre a natura é desproporcionadamente grande. Debido ao alcance da influencia humana, os límites entre o que se considera a natureza e o que son os ambientes creados polo ser humano non son claros, agás nos polos. E ata nos polos, a cantidade de ambiente natural que é libre de toda influencia humana está diminuíndo actualmente a un ritmo cada vez máis rápido, ou, segundo algúns, xa desapareceu. De feito, a especie humana é a única que modifica conscientemente a contorna para adapta-la ás súas necesidades, no canto de cambiar para asumir os cambios do ambiente.
O desenvolvemento da tecnoloxía pola humanidade permitiu unha maior explotación dos recursos naturais e axudou a paliar parte dos riscos que xeran os perigos naturais. Malia isto, o destino da civilización humana está determinada polas condicións e cambios nos ecosistemas e a biosfera. A explotación humana de recursos destinados á produción de enerxía e tecnoloxía estímase que é elevada e que desde a década dos 1980 a sobreexplotación supera a capacidade de rexeneración dos ecosistemas do planeta.[64][65]
As ameazas que a actividade humana xerou sobre a natureza inclúen a elevada contaminación e a deforestación, con desastres como son, por exemplo, as verteduras de petróleo ou os grandes incendios forestais causados por curtocircuítos ou neglixencias. Os humanos están contribuíndo á extinción de moitas especies de plantas e animais a través da destrución dos seus hábitats ou da caza e a pesca masiva.
Os humanos empregan a natureza para actividades tanto económicas como de lecer. A obtención de recursos naturais para o uso industrial continúa sendo unha parte esencial do sistema económico mundial. Algunhas actividades, como a caza e a pesca, utilízanse tanto para necesidades económicas como para o lecer. A aparición da agricultura tivo lugar ao redor do milenio IX aC e observando a evolución da produción de alimentos e da obtención de enerxía, non hai dúbida que a natureza é e foi o principal factor da riqueza económica. Igualmente, a natureza é fonte de ingresos polo turismo, posto que as paisaxes consideradas exóticas ou fermosas atraen aos viaxeiros.
Os primeiros humanos recollían materiais das plantas sen ningún tipo de cultivo, e empregábanas como comida e como remedio par á saúde, aproveitando as súas propiedades medicinais.[66]. Posteriormente o desenvolvemento da agricultura potenciou e modificou este uso das plantas. A limpeza de amplas superficies de terra para facer posible colleitas maiores levou a unha redución significativa da cantidade dispoñible de bosques e pantanos, ocasionando a perda de hábitat para moitas especies de plantas e animais; ademais, propiciaron unhas condicións favorables á erosión do terreo[67].
Zonas salvaxes
[editar | editar a fonte]Aplícase o cualificativo de "salvaxe" a algo que se atopa nun estado puramente natural, sen ningún tipo de influencia humana; neste sentido emprégase tamén o termo "virxe". Unha zona salvaxe ou virxe é unha contorna natural da Terra que non foi modificado pola acción do home. Os ecoloxistas consideran que as áreas virxes son unha parte do ecosistema natural do planeta, da biosfera.
A palabra "salvaxe" evoca aquilo que non é controlable polos humanos e a expresión "zona virxe" evoca inmediatamente a idea de algo que non coñece a acción do home, que aínda é descoñecido. Aínda así, fai falta relativizar o concepto e pódese entender que a presenza ou actividade humana non necesariamente implica que unha zona deixe de ser virxe. Algúns ecosistemas que están, ou foron, habitados ou influídos polas actividades humanas poden considerarse como virxes cando os procesos naturais discorren sen interferencias humanas notorias.
A perspectiva artística
[editar | editar a fonte]Botando unha ollada a través da lente das artes visuais, a natureza salvaxe foi un tema importante en varias épocas da historia universal. Unha primeira tradición da arte paisaxística foi desenvolta pola Dinastía Tang (618-907); a tradición de representar a natureza tal e como é converteuse nun dos propósitos da pintura chinesa e significou unha influencia importante dentro da arte asiática. Os artistas aprendían a describir montañas e ríos "dende a perspectiva da natureza global e en base á comprensión das leis da natureza ... coma se se vira a través dos ollos dun paxaro."[69].
Ao mundo occidental, a idea da natureza salvaxe como un valor intrínseco apareceu no século XIX, especialmente nas obras dos artistas do Romanticismo. Artistas británicos como John Constable e Joseph Mallord William Turner adicáronse a plasmar a beleza do mundo natural nos seus cadros. Antes, as pinturas representaran sobre todo escenas relixiosas, costumistas ou de seres humanos. A poesía de William Wordsworth describe as marabillas do mundo natural, que antes se vía como un lugar ameazador. Cada vez máis, a valoración da natureza foise convertendo nun valor importante dentro a cultura occidental[70].
A beleza da natureza
[editar | editar a fonte]A beleza da natureza é un tema recorrente na vida moderna e na arte: os libros que o enxalzan enchen grandes andeis das bibliotecas e librerías. Esta cara da natureza, que a arte (fotografía, pintura, poesía etc.) retratou e eloxiou en moitas ocasións revela a forza con que moitas persoas asocian a natureza coa beleza. O porqué da existencia desta asociación e debido a que constitúen o campo de estudo da estética, unha rama da filosofía. Para a relixión, a beleza explícase porque é creación de Deus, e polo tanto perfecta. Moitas culturas teñen unha imaxe da natureza como chea de divindade, ou identificada directamente coa divindade (panteísmo).
Máis aló de certas características básicas da natureza, na beleza das cales coinciden bastantes filósofos, hai unha gran diversidade de opinións[72][73] Moitos científicos, que estudan a natureza de xeito máis específico e organizado, tamén comparten a idea de que a natureza é fermosa.
O matemático francés Henri Poincaré (1854-1912) dixo:
O científico non estuda a natureza porque é útil, senón porque con ela se deleita, e deléitase porque é fermosa. Se a natureza non fose fermosa, non pagaría a pena coñecela, e se non pagase a pena coñecela, tampouco pagaría a pena vivir. Sen dúbida, non me refiro aquí á beleza que estimula os sentidos, a das calidades e as aparencias; non é que a infravalore, en absoluto, senón que esta non ten nada que facer coa ciencia. Refírome á beleza máis profunda, a que procede da orde harmoniosa das partes e que unha intelixencia pura pode captar
Unha idea clásica da beleza na arte involucra a palabra "mímese", é dicir, a imitación da natureza. No dominio das ideas sobre a beleza da natureza, o que é perfecto evoca a simetría, a división exacta e outras fórmulas e nocións matemáticas perfectas. O artista inspírase, pois, na perfección natural e intenta reproducila nas súas obras (polo menos na arte figurativa).
Materia e enerxía
[editar | editar a fonte]Algúns campos da ciencia ven a natureza como "materia en movemento", obedecendo a certas leis naturais que a ciencia encárgase de descubrir e entender. Por esta razón a ciencia máis fundamental denomínase "física", termo no que aínda se pode recoñecer o sentido inicial do estudo da natureza. Adóitase definir a materia como a substancia da que se compoñen os obxectos físicos, e que constitúe o universo observable. Segundo a teoría da relatividade especial, non existe ningunha distinción inalterable entre materia e enerxía, posto que a materia pódese converter en enerxía, e viceversa. Actualmente crese que os compoñentes visibles do universo constitúen unicamente un 4 por cento da masa total, e que o resto consiste nun 23 por cento de materia escura e un 73 por cento de enerxía escura[74]. A natureza exacta destes compoñentes é aínda descoñecida e é unha temática que actualmente está sendo investigada de xeito intensivo polos físicos.
O comportamento da materia e a enerxía do universo observable parece corresponderse con leis físicas ben definidas. Estas empregáronse por crear modelos cosmolóxicos que explican satisfactoriamente a estrutura e a evolución do universo que se pode observar. As expresións matemáticas das leis físicas empregan un conxunto de vinte constantes físicas[75] que, a través do universo observable, parecen estáticas[76].
Alén da Terra
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Espazo exterior e Universo.
- Véxase tamén: Vida extraterrestre.
O espazo exterior, tamén denominado simplemente "espazo", refírese ás rexións relativamente baleiras do universo fóra das atmosferas dos corpos celestiais. Engádese o adxectivo "exterior" para distingui-lo do espazo "interior" da Terra, o espazo aéreo. Non existe ningún límite definido entre a atmosfera terrestre e o espazo, posto que esta vaise atenuante gradualmente a medida que aumenta a altitude. O espazo cósmico situado dentro dos límites do sistema solar coñécese como espazo interplanetario, e o límite co espazo interestelar é o que se coñece como heliopausa.
Aínda que o espazo exterior é de por si moi amplo, non está baleiro. Nel existen, aínda que repartidas de xeito moi disperso, varias ducias de moléculas orgánicas, a radiación cósmica de fondo xerada coa grande explosión do Big Bang, e os raios cósmicos que inclúen núcleos atómicos ionizados e diversas partículas subatómicas. Tamén hai algo de gas, plasma, polos cósmicos e pequenos meteoritos. Ademais, os seres humanos deixaron restos da súa actividade no espazo exterior, a través de materiais procedentes dos lanzamentos tripulados e non tripulados. A todos estes obxectos denomínaselles "lixo espacial" e constitúen un risco potencial para as naves espaciais. Parte deste lixo volve á atmosfera periodicamente.
O planeta Terra é actualmente o único corpo celeste no que se coñece a existencia de vida. Malia isto, os recentes achados suxiren que, nun pasado afastado, o planeta Marte tiña masas de auga líquida na súa superficie. Durante un curto período na historia de Marte, podería ser capaz de aloxar vida. Con todo, na actualidade a maior parte da auga de Marte está conxelada. Se aínda así existise vida en Marte, o máis probable é que estivese situada baixo terra, onde aínda podería haber auga líquida[77]. As condicións existentes nos outras planetas telúricos, Mercurio e Venus, parecen ser demasiados hostís para que se poida desenvolver a vida tal e como se coñece. As últimas conxecturas din que Europa, a cuarta lúa meirande de Xúpiter, pode posuír un océano subterráneo de auga líquida e, neste caso, sería posible que houbese vida[78]. Ultimamente, o equipo de Stéphane Udry descubriu un planeta extrasolar novo denominado Gliese 581 c, que orbita a estrela anana vermella Gliese 581, e que semella ocupar a zona habitable do espazo que rodea a estrela. Tendo en conta estes datos, é posible que se desenvolva algún tipo de vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.etymonline.com/index.php?term=nature
- ↑ Es pot trobar informació sobre l'ús del concepte per part dels presocràtics, encara que de manera una mica erràtica, a Naddaf, Gerard: The Greek Concept of Nature, SUNY Press, 2006. L'ús de la paraula φύσις, utilitzada per Homer en relació a una planta, era usada pels filòsofs grecs ja de molt antic, i en diversos sentits que, en general, són similars al sentit actual, com confirma Guthrie, W. K. C.: Presocratic Tradition from Parmenides to Democritus (volum 2 History of Greek Philosophy), UP, 1965.
- ↑ "ὣς ἄρα φωνήσας πόρε φάρμακον ἀργεϊφόντης ἐκ γαίης ἐρύσας, καί μοι φύσιν αὐτοῦ ἔδειξε". ( Así falou, Argeifontes [= Hermes] mentres me daba a herba, tomándoa do chan e amosándome a súa natureza.) Odisea 10.302-3 (ed. A.T. Murray). També a Liddell i Scott: Greek Lexicon Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ Por exemplo a obra de Isaac Newton, Philosophiae Naturalis Principia Mathematica (1687) foi traducida como "Mathematical Principles of Natural Philosophy", reflectindo o uso habitual dos termos "natural philosophy" -filosofía natural-, semellante ao "estudo sistemático da natureza"
- ↑ A etimoloxía da palabra "physical" -física- indica o seu uso como sinónimo de "natural" http://www.etymonline.com/index.php?term=physical
- ↑ Pódese atopar un resumo da descrición global do clima en: "World Climates". Blue Planet Biomes (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2006.
- ↑ "Calculations favor reducing atmopshere for early Earth". Science Daily. 11 de setembro de 2005. Consultado o 06-01-2007.
- ↑ "Past Climate Change". U.S. Environmental Protection Agency. Consultado o 07-01-2007.
- ↑ Hugh Anderson, Bernard Walter (28 de marzo de 1997). NASA, ed. "History of Climate Change". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2008. Consultado o 2007-01-07.
- ↑ Weart, Spencer (xuño de 2006). "The Discovery of Global Warming". American Institute of Physics. Arquivado dende o orixinal o 04-08-2011. Consultado o 7-01-2007.
- ↑ Margulis, Lynn; Dorian Sagan (1995). What is Life?. Simon & Schuster (New York). ISBN 0-684-81326-2.
- ↑ Dalrymple, G. Brent (1991). The Age of the Earth. Stanford University Press (Stanford). ISBN 0-8047-1569-6.
- ↑ Morbidelli, A.; et al. (2000). "Source Regions and Time Scales for the Delivery of Water to Earth". Meteoritics & Planetary Science 35: 1309–1320.
- ↑ "Earth's Oldest Mineral Grains Suggest an Early Start for Life". NASA Astrobilogy Institute. 2001-12-24. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2006.
- ↑ Murphy, J.B.; R.D. Nance (2004). "How do supercontinents assemble?". American Scientist 92: 324–333. doi:10.1511/2004.4.324. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 30 de xaneiro de 2008.
- ↑ Colebrook, Michael. "Chronology of Earth History". Cosmology and The Universe Story. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2006.
- ↑ Stanley, Steven M. (1999). Earth System History. W.H. Freeman (New York). ISBN 0-7167-2882-6.
- ↑ Margulis, Lynn; Dorian Sagan (1995). What is Life?. Simon & Schuster (New York). ISBN 0-684-81326-2.
- ↑ Diamond J (1989). "The present, past and future of human-caused extinctions". Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci 325: 469–76; discussion 476–7. PMID 2574887.
- ↑ Novacek M, Cleland E (2001). "The current biodiversity extinction event: scenarios for mitigation and recovery". Proc Natl Acad Sci U S A 98: 5466–70. PMID 11344295.
- ↑ Wick, Lucia; Möhl, Adrian (2006-08-21). "The mid-Holocene extinction of silver fir (Abies alba) in the Southern Alps: a consequence of forest fires? Palaeobotanical records and forest simulations". Vegetation History and Archaeobotany (en inglés) 15 (4): 435–444. ISSN 0939-6314. doi:10.1007/s00334-006-0051-0.
- ↑ Sobre o tema, vexa as seguintes ligazóns [1], [2], [3]
- ↑ Ideal Gases under Constant Volume, Constant Pressure, Constant Temperature, & Adiabatic Conditions Arquivado 21 de agosto de 2011 en Wayback Machine. NASA 07/01/2007 (en inglés)
- ↑ Pelletier, Jon D. (2002). "Natural variability of atmospheric temperatures and geomagnetic intensity over a wide range of time scales". Proceedings of the National Academy of Sciences 99: 2546–2553. Consultado o 2007.
- ↑ Tropical Ocean Warming Drives Recent Northern Hemisphere Climate Change sciencedaily.com 06/04/2001. Introducida o 24/05/2006
- ↑ United Nations Introducida o 02/01/2011
- ↑ CIA- The world fact book Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. CIA. Introducida o 02/01/2011
- ↑ Water Vapor in the Climate System , Special Report, [AGU], Decembro 1995 (02/01/2011). European Southern Observatory Arquivado 08 de xullo de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ "Ocean Arquivado 26 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.". The Columbia Encyclopedia. New York: Columbia University Press. Introducida o 02/01/2011
- ↑ "Distribution of land and water on the planet Arquivado 16 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.". UN Atlas of the Oceans Introducido o 02/01/2011
- ↑ Spilhaus, Athelstan F. 1942 (Jul.). "Maps of the whole world ocean." Geographical Review (American Geographical Society). Vol. 32 (3): pp. 431-5.
- ↑ Lake (physical feature) Brittanica online. Introducido o 02/01/2011
- ↑ Lake definition Introducido o 02/01/2011
- ↑ River Definición Merriam-Webster Introducido o 03/01/2011
- ↑ What is hydrology and what do hydrologists do? Arquivado 27 de abril de 2012 en Wayback Machine. USGS. Introducida o 01/01/2011
- ↑ "Definition of Life". California Academy of Sciences. 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-01-07.
- ↑ Vegeu, per ex., Leckie, Stephen (1999). "How Meat-centred Eating Patterns Affect Food Security and the Environment". For hunger-proof cities : sustainable urban food systems. Ottawa: International Development Research Centre. ISBN 0-88936-882-1. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 30 de xaneiro de 2008., i prenen com a pes mitjà global la xifra de 60 kg, la biomassa humana total és el pes mitjà multiplicat per la població humana actual d'aproximadament 6.5 milions (vegeu, 'per ex., "World Population Information". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2006.): La biomassa total de tota classe d'éssers vius s'estima que està per sobre de 6.8 x 1013 kg (75 billions de tones)
- ↑ Sengbusch, Peter V. "The Flow of Energy in Ecosystems - Productivity, Food Chain, and Trophic Level". Botany online. University of Hamburg Department of Biology. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 23 de setembro de 2006.
- ↑ Pidwirny, Michael (2006). "Introduction to the Biosphere: Species Diversity and Biodiversity". Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition). Consultado o 23 de setembro de 2006.
- ↑ "How Many Species are There?". Extinction Web Page Class Notes. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2006. Consultado o 23 de setembro de 2006.
- ↑ "Animal." World Book Encyclopedia. 16 vols. Chicago: World Book, 2003. This source gives an estimate of from 2-50 million.
- ↑ "Just How Many Species Are There, Anyway?". Science Daily. 2003. Consultado o 26 de setembro de 2006.
- ↑ Withers, Mark A.; et al. (1998). "Changing Patterns in the Number of Species in North American Floras". Land Use History of North America. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2006. Web basada en els continguts del llibre: Sisk, T.D., ed., ed. (1998). Perspectives on the land use history of North America: a context for understanding our changing environment (Revisat el setembre de 1999 ed.). U.S. Geological Survey, Biological Resources Division. USGS/BRD/BSR-1998-0003.
- ↑ "Tropical Scientists Find Fewer Species Than Expected". Science Daily. 2002. Consultado o 27 de setembro de 2006.
- ↑ Bunker, Daniel E.; et al. (2005). "Species Loss and Aboveground Carbon Storage in a Tropical Forest". Science 310 (5750): pp. 1029–31. doi 10.1126/science.1117682.
- ↑ Wilcox, Bruce A. (2006 ç). "Amphibian Decline: More Support for Biocomplexity as a Research Paradigm" (PDF). EcoHealth 3 (1): pp.1–2. doi 10.1007/s10393-005-0013-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2006. Consultado o 31 de xaneiro de 2008.
- ↑ Clarke, Robin, Robert Lamb, Dilys Roe Ward eds., ed. (2002). "Decline and loss of species". Global environment outlook 3 : past, present and future perspectives. London; Sterling, VA: Nairobi, Kenya : UNEP. ISBN 92-807-2087-2. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2008.
- ↑ http://mic.sgmjournals.org/cgi/content/full/148/1/21?view=long&pmid=11782495 Arquivado 22 de abril de 2008 en Wayback Machine. A enigma da orixe da vida e o seu ritmo en inglés
- ↑ http://ams.allenpress.com/perlserv/?request=get-abstract&doi=10.1175%2F1520-0469(1965)022%3C0225:OTOARO%3E2.0.CO%3B2 Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Sobre a orixe e crecemento do osíxeno na atmosfera terrestre en ingles
- ↑ http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=44277&blobtype=pdf O tempo e modo da evolución dende o Precámbrico ao Fanerozoico
- ↑ http://www.pnas.org/cgi/reprint/91/5/1810 Bacterias anaeróbias termófilas illadas nunha fonda poza de granito en Suecia en inglés
- ↑ http://biology.usgs.gov/s+t/SNT/noframe/zy198.htm Arquivado 15 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Situación e Tendencias dos recursos biolóxicos da nación
- ↑ http://www.rios-galegos.com/arb33.htm#Historia_do_castiñeiro:_ Historia do Castiñeiro
- ↑ http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm Arquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. O Castiñeiro
- ↑ http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=3302548 Arquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. A comunidade pesqueira do Loch Lomond, Escocia : a súa historia e cambiante estado
- ↑ http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9j.html Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á Biosfera: Introdución ao concepto do ecosistema en inglés
- ↑ http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9d.html Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á Biosfera: Introdución ao concepto do ecosistema: A organización da vida en inglés
- ↑ "9(e) Abiotic Factors and the Distribution of Species". www.physicalgeography.net. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ http://www.fs.fed.us/institute/news_info/Identifying_ecoregion_boundaries.pdf Arquivado 01 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Identificando os límites dunha eurorexión en inglés
- ↑ url=http://www.sciencemag.org/cgi/content/summary/292/5524/1965 Earth System Science en inglés
- ↑ http://www.schumachercollege.org.uk/articles/college-articles/stephan/earthsystemscience.html Arquivado 26 de setembro de 2006 en Wayback Machine. Earth System Science and Gaian Science en inglés
- ↑ http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm Arquivado 09 de setembro de 2006 en Wayback Machine. Na beleza da natureza, A sociedade do ermo en inglés
- ↑ http://www.emersoncentral.com/beauty.htm Análise de Ralph Waldo Emerson sobre a beleza en inglés
- ↑ Mathis Wackernagel, Niels B. Schulz, Diana Deumling, Alejandro Callejas Linares, Martin Jenkins, Valerie Kapos, Chad Monfreda, Jonathan Loh, Norman Myers, Richard Norgaard, and Jørgen Randers. "Tracking the ecological overshoot of the human economy". PNAS 99 (14): 9266–9271.
- ↑ W. V. Reid, D. Chen, L. Goldfarb, H. Hackmann, Y. T. Lee, K. Mokhele, E. Ostrom, K. Raivio, J. Rockström, H. J. Schellnhuber and A. Whyte (12/11/2010). "Earth System Science for Global Sustainability: Grand Challenges". Science (6006 ed.) 330: 916–917. doi:10.1126/science.1196263.
- ↑ http://www.nps.gov/plants/medicinal/plants.htm Plant Conservation Alliance - Medicinal Plant Working Groups Green Medicine en inglés
- ↑ http://www.eh-resources.org/philosophy.html A historia do medio ambiente: Entre a ciencia e a filosofía, Historia dos recursos do medio ambiente en inglés
- ↑ Templo budista nas montañas. Tinta sobre seda do século XI. Nelson-Atkins Museum of Art, Kansas City (Missouri)
- ↑ Chinese brush painting Arquivado 26 de maio de 2006 en Wayback Machine. Asia-art.net Accessed: Asia art.net en inglés
- ↑ http://www.spacesfornature.org/greatspaces/conservation.html History of Conservation BC Spaces for Nature en inglés
- ↑ Unha das raíces latinas de "natureza" é natus, que deriva de nasci, "nacer". http://www.etymonline.com/index.php?term=nature Online Etymology Dictionary Dicionario inglés de etimoloxía online en inglés
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2006. Consultado o 17 de marzo de 2008.
- ↑ http://www.emersoncentral.com/beauty.htm
- ↑ {{Http://map.gsfc.nasa.gov/m_mm/mr_limits.html en inglés
- ↑ http://www.physics.nist.gov/cuu/Constants/introduction.html en inglés
- ↑ http://arxiv.org/abs/physics/0004062 en inglés
- ↑ http://www.msnbc.msn.com/id/7129347/ A busca de vida en Marte debería ser subterránea en inglés
- ↑ http://www2.jpl.nasa.gov/galileo/news8.html Arquivado 29 de setembro de 2006 en Wayback Machine. Imaxes detalladas de Europa amosan neve derretida debaixo da superficie en inglés
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natureza |
A Galicitas posúe citas sobre: Natureza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ramon Margalef (1985): L'ecologia (en catalán). Diputació Provincial de Barcelona. Institut d'Edicions. Barcelona. ISBN 84-505-2460-1
- Brian Greene (2006): El tejido del cosmos : espacio, tiempo y la textura de la realidad (en castelán). Editorial Crítica, Barcelona. ISBN 84-8432-737-X
- Edward O. Wilson (2002): El futuro de la vida (en castelán). Círculo de Lectores, Galaxia Gutenberg. ISBN 978-84-226-9589-9.
- François Jacob (1999)La lógica de lo viviente : una historia de la herencia (en castelán). Tusquets Editores, Barcelona. ISBN 84-8310-647-7
- Götz Großklaus, Ernst Oldemeyer (Hrsg.): Natur als Gegenwelt - Beiträge zur Kulturgeschichte der Natur. Loeper Verlag GmbH, Karlsruhe 1983 (en alemán).
- Karen Gloy: Das Verständnis der Natur. In: Die Geschichte des wissenschaftlichen Denkens. Band 1, Beck, München 1995 (en alemán).
- Karen Gloy: Das Verständnis der Natur. In: Die Geschichte des ganzheitlichen Denkens. Band 2, Beck, München 1996 (en alemán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Historia natural
- Ciencias naturais
- Parque nacional
- Naturismo
- Reserva da biosfera
- Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN)
- Fondo Mundial para a Natureza
- Espazo natural protexido
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xornal sobre a natureza galega
- Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
- Consellería de medio ambiente
- The Nature Conservancy, organización non gobernamental adicada a conservar a diversidade natural (en inglés).
- Nature (1869-1875). History of Science and Technology (en inglés).
- Actividades para nenos Arquivado 30 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).