Século

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un século é unha unidade de tempo que equivale a cen (100) anos.

Os séculos acostuman contarse dentro da era cristiá comezando o 1 de xaneiro dos anos que son múltiplos de 100 máis 1 (incluíndo os negativos; vg., 101, -199 ou 2001) e finalizando o 31 de decembro dos anos múltiplos de 100 (vg., 0, 1700 ou -500). Dese xeito numéranse por números romanos. Porén, poden considerarse outros límites, sendo en tal caso moitas veces considerados de xeito aproximado.

Algúns séculos reciben alcumes como o 'Século de ouro' ou o 'Século das luces', que corresponde de xeito aproximado ó S. XVIII.

Os Séculos Antes de Cristo[editar | editar a fonte]

Os Séculos Despois de Cristo[editar | editar a fonte]


Unidades de tempo
femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo
minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón