Zona de ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vexetación de ribeira no río Tambre ao seu paso por Vilarromarís, Oroso

A zona de ribeira é a zona de interacción entre a terra e un corpo de auga. Nela establécense plantas que bordean as marxes dos ríos chamadas vexetación de ribeira, caracterizada por plantas hidrófilas. As zonas de ribeira son significantes na ecoloxía, xestión ambiental, enxeñaría civil e debido ao seu papel na conservación dos solos e súa biodiversidade, así como a influencia que ten sobre os ecosistemas acuáticos. As zonas de ribeira atópanse en moitos ecosistemas incluíndo pantanos, bosques ou zonas húmidas.