Xúpiter
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibeu o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.
Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso. Debido á súa rápida rotación, o planeta posúe un lixeiro avultamento no ecuador, o que lle dá unha aparencia oblonga. A atmosfera exterior distribúese en varias bandas paralelas ao ecuador que ocasionan turbulencias e tormentas ao longo dos límites entre elas. Un resultado notorio é a Gran Mancha Vermella, que non é senón unha xigantesca tormenta que se vén desenvolvendo desde, como mínimo, o século XVII.
O planeta está rodeado por un lixeiro sistema de aneis planetarios e unha magnetosfera moi poderosa. Posúe tamén 63 lúas polo menos, incluíndo as catro lúas maiores, que foron descubertas por Galileo en 1610.
Xúpiter foi explorado en varias ocasións por sondas espaciais, especialmente cando pasaron ao seu carón as Pioneer e Voyager e, posteriormente, a sonda orbital Galileo. Agora mesmo hai un interese especial por descubrir un posíbel océano líquido cuberto por xeo na lúa Europa.
Índice
A Gran Mancha Vermella[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Gran Mancha Vermella.
A zona de tormentas de Xúpiter foi chamada A Gran Mancha Vermella. Esta gran mancha vermella foi visualizada polo científico inglés Robert Hooke. É un enorme remuíño de gas, unha tormenta fortísima, que dura desde hai 300 anos e provoca ventos de 400 km/h.
É de forma ovalada e atópase ao sur do ecuador de Xúpiter. Varía moito tanto de cor como de intensidade. Ás veces, é dunha cor vermella forte, e realmente moi notábel, mentres que noutras ocasións palidece ata se facer insignificante.
Inicialmente pensouse que a gran mancha vermella era a cima dunha montaña xigantesca ou unha meseta que saía por riba das nubes, pero desde que se lle veu describir case un terzo da volta a Xúpiter abandonouse esta idea.
É máis fría que as nubes que a rodean, e unha posíbel explicación é que sexa un ciclón tropical. Se iso fose verdade, tería un núcleo que case supera a nosa imaxinación, non só porque permanece ano tras ano, senón debido ao seu enorme tamaño, posto que a gran mancha vermella é tan grande que podería engulir unhas dúas veces e media a Terra.
Aneis planetarios[editar | editar a fonte]
Xúpiter ten un tenue sistema de aneis composto por tres segmentos principais: un toro interno de partículas coñecidas como o halo, un relativamente brillante anel principal, e un fino anel exterior. Eses aneis parecen estar feitos de pó, en lugar de xeo como os de Saturno. O anel principal probablemente estea formado por material exectado dos satélites Adrastea e Metis. O material que normalmente volvería a caer sobre o satélite foi atraído pola enorme forza gravitacional do planeta.
Satélites[editar | editar a fonte]
Xúpiter ten 64 satélites naturais. Deses, 47 teñen menos de 10 quilómetros de diámetro e foron descubertos despois de 1975. As catro lúas máis grandes, coñecidas como "lúas de Galileo" ou "satélites galileanos", son Ío, Europa, Ganímedes e Calisto.
Lúas de Galileo[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lúas de Galileo.
As órbitas de Ío, Europa e Ganímedes, algúns dos satélites máis grandes do Sistema Solar, forman un patrón coñecido como resonancia de Laplace; por cada catro órbitas que Ío realiza ao redor de Xúpiter, Europa fai exactamente dúas e Ganímedes unha. Esta resonancia fai que os efectos gravitacionais dos tres grandes satélites distorsionen as súas órbitas en forma elíptica, xa que cada un deles recibe un empurrón adicional dos seus veciños no mesmo punto en cada órbita que realizan. A forza provocada por Xúpiter, pola outra banda, traballa para que as súas órbitas sexan circulares.
A excentricidade das súas órbitas causan flexións regulares nas formas dos tres satélites, facendo a gravidade do planeta que volvan a unha forma máis esférica cando se aproximan a el. Esta flexión quenta o interior dos satélites pola fricción, e isto pode verse na extraordinaria actividade volcánica de Ío, e en menor grao na superficie de Europa.
| Os satélites galileanos comparados coa Lúa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nome | Diámetro | Masa | Radio orbital | Período orbital | |||||
| km | % | kg | % | km | % | días | % | ||
| Ío | 3643 | 105 | 8.9×1022 | 120 | 421,700 | 110 | 1.77 | 7 | |
| Europa | 3122 | 90 | 4.8×1022 | 65 | 671,034 | 175 | 3.55 | 13 | |
| Ganimedes | 5262 | 150 | 14.8×1022 | 200 | 1,070,412 | 280 | 7.15 | 26 | |
| Calisto | 4821 | 140 | 10.8×1022 | 150 | 1,882,709 | 490 | 16.69 | 61 | |
Clasificación das lúas[editar | editar a fonte]
Antes dos descubrimentos das misións Voyager, as lúas de Xúpiter ordeáronse en catro grupos de catro, baseados nos seus elementos orbitais. Dende entón, o gran número de pequenas lúas exteriores complicou esa clasificación. Na actualidade existen seis grupos diferentes, aínda que algúns se diferencian máis que outros dos demais.
Unha subdivisión básica é agrupar os oito satélites regulares interiores, que teñen órbitas case circulares próximas ao plano do ecuador do planeta e que se cree que se formaron con este. O resto dos satélites son un número descoñecido de pequenos satélites irregulares con órbitas elípticas e inclinadas, que se cren son asteroides capturados ou fragmentos de obxectos deste tipo. As lúas irregulares que pertencen a un grupo comparten elementos orbitais semellantes e polo tanto poden ter unha orixe común.
| Lúas regulares | |
|---|---|
| Grupo interior | O grupo interior de catro pequenas lúas que teñen diámetros de menos de 200 km, orbitan en radios menores a 200.000 km, e teñen inclinacións orbitais de menos de medio grao. |
| Satélites galileanos | Estas catro lúas, descubertas por Galileo Galilei e Simon Marius, orbitan entre os 400.000 e 2.000.000 km, e inclúe a algunhas das lúas máis grandes do Sistema Solar. |
| Lúas irregulares | |
| Temisto | Esta é unha única lúa que pertence a un grupo de seu, orbitando a medio camiño entre os satélites galileanos e o grupo Himalia. |
| Grupo Himalia | Un grupo moi pechado de lúas con órbitas entre 11.000.000–12.000.000 km de Xúpiter. |
| Carpo | Outro caso illado; no límite entre o interior e o grupo Ananke, ten unha órbita retrógrada a Xúpiter. |
| Grupo Ananke | Este grupo con órbita retrógrada ten uns límites moi imprecisos, estando a unha media de 21.276.000 km de Xúpiter cunha inclinación media de 149 graos. |
| Grupo Carme | Un grupo retrógrado a 23.404.000 km de media de Xúpiter cunha inclinación media de 165 graos. |
| Grupo Pasiphaë | Un grupo retrógrado disperso que abrangue todas as lúas exteriores. |
Observacións históricas[editar | editar a fonte]
Xúpiter é coñecido desde a antigüidade e é visíbel a simple vista no ceo nocturno. O seu símbolo astronómico (♃) é unha representación estilizada do lóstrego, atributo do deus Xúpiter.
Os chineses, coreanos, xaponeses e vietnamitas refírense a el como "a estrela de madeira" (木星) cun signo baseado nos Cinco Elementos chineses. Na astroloxía védica, os astrólogos hindús chamábano Brihaspati, ou Guru, que significa "O Grande". En hindi, o xoves é, igual que para nós, o día de Xúpiter (Guruvaar). Nas linguas xermánicas, o xoves é tamén o "día de Thor", (como en inglés, Thursday) xa que este deus asimilouse co Xúpiter romano.
En 1616, Galileo descubriu, por medio dun telescopio, as catro lúas maiores de Xúpiter: Ío, Europa, Ganímedes e Calisto, polo que agora se denominan Lúas de Galileo. Foron os primeiros satélites naturais descubertos fóra da Terra. Tamén foi o primeiro descubrimento dun movemento celeste non centrado no Sol e constituíu unha achega significativa a favor da teoría heliocéntrica de Copérnico. O apoio claro que Galileo daba a esta teoría púxoo baixo a ameaza da Inquisición.
En 1892, E. E. Barnard observou un quinto satélite, Amaltea, desde o observatorio de Lick, en California.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xúpiter |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|