Nube
Unha nube é un conxunto visible de partículas minúsculas de auga en estado líquido ou sólido, ou ambos ao mesmo tempo, en suspensión na atmosfera despois de se teren condensado en virtude de fenómenos atmosféricos. Este conxunto pode tamén conter partículas de auga líquida ou de xeo en maiores dimensións, e partículas procedentes, por exemplo, de vapores industriais, de fumeiras ou de po.
As nubes vense brancas xa que dispersan a luz que reciben do Sol, e vense negras ou escuras cando a auga que conteñen é tan densa que non deixa pasar a luz.
As nubes presentan diversos aspectos que varían dependendo esencialmente da natureza, dimensións, número e distribución no espazo das partículas que a constitúen e das correntes de ventos atmosféricos. Depende tamén da intensidade e da cor da luz que a nube recibe, ben como das posicións relativas do observador e da fonte de luz (sol e a lúa) en relación á nube.
Constitución das nubes[editar | editar a fonte]
As nubes están constituídas por gotas minúsculas ou cristais de xeo que se forman en torno a núcleos microscópicos, que poden ser de po, na atmosfera. Despois de formadas, as nubes poden ser transportadas polo vento no sentido ascendente ou descendente. No primeiro caso a nube é forzada a se elevar e, debido ao arrefriamento, as gotas de auga poden terminar total ou parcialmente conxeladas. No segundo caso, como xa se indicou, a nube pódese disipar pola evaporación das gotas de auga.
Polo tanto, as nubes poden estar constituídas por gotas de auga e cristais de xeo ou, incluso, exclusivamente por cristais de xeo en suspensión no ar húmido. Así, a constitución da nube vai depender da súa temperatura e altitude.
Formación de nubes[editar | editar a fonte]
Hai varios procesos de formación das nubes e das súas consecuentes formas e dimensións.
As nubes son formadas polo arrefriamento do ar ata a condensación da auga sobre unha partícula soluble en suspensión no ar (aerosol) debido á subida e expansión do ar. É o que sucede cando unha parcela de ar sobe a niveis onde a presión atmosférica é cada vez menor e o volume de ar se expande. Esta expansión require enerxía, que é absorbida da calor da parcela, e, por iso, a temperatura descende. Este fenómeno é coñecido por arrefriamento adiabático. A condensación e conxelación ocorren en torno de núcleos apropiados, procesos que resultan do arrefriamento adiabático, o cal, en cambio, resulta de ar ascendente.
Unha vez formada a nube poderá evolucionar, medrando cada vez máis, ou disiparse. A disipación da nube resulta da evaporación, das gotas de auga que a compoñen, motivada por un aumento de temperatura resultante da mestura do ar con outra masa de ar máis quente, polo quencemento adiabático ou, incluso, pola mestura cunha masa de ar seco. Tamén pode ser debida á precipitación en forma de choiva
Unha nube pode xurdir cando unha certa masa de ar é forzada a moverse para riba acompañando o relevo do terreo. Esas nubes, chamadas de “orixe orográfica”, tamén resultan da condensación do vapor de auga debido ao arrefriamento adiabático do ar.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Na actualidade, a nomenclatura das nubes segue a pauta iniciada por Luke Howard:
![]() |
Cirro |
Alto | |
Estrato | |
Nimbo |
En canto ao aspecto[editar | editar a fonte]
- Estratiformes - desenvolvemento horizontal, cubrindo grandes áreas; de pouco espesor; precipitación de carácter leve e continuo.
- Cumuliformes - desenvolvemento vertical, en grande extensión; xorden illadas; precipitación forte, en pancadas e localizadas.
- Cirriformes: Finas e case transparentes.
- Estratiformes: Moi finas e en grande extensión; son causantes da néboa.
En canto á constitución[editar | editar a fonte]
- Líquidas - constituídas por gotículas de auga.
- Sólidas - constituídas por cristais de xeo.
- Mixtas - constituídas por gotículas de auga e cristais de xeo.
En canto á altura[editar | editar a fonte]
De acordo co Atlas Internacional de Nubes da OMM (Organización Meteorolóxica Mundial) existen tres alturas de nubes:
- Nubes altas: base por riba de 6 km de altura - sólidas.
- Nubes medias: base entre 2 a 4 km de altura nos polos, entre 2 a 7 km en latitudes medias, e entre 2 a 8 km no ecuador - líquidas e mixtas.
- Nubes baixas: base ata 2 km de altura - líquidas.
Tipos de nubes[editar | editar a fonte]
- Cirrus (CI): aspecto delicado, sedoso ou fibroso, cor branca brillante. Lembran colas de cabalo. Fican a 8 mil metros de altitude, nunha temperatura a 0 °C, por iso están constituídas cristais microscópicos de xeo.
- Cirrocumulus (CC): delgadas, compostas de elementos moi pequenos en forma de gránulos e rugas. Indican base de corrente de xato e turbulencia.
- Cirrostratus (CS): veo transparente, fino e esbranquizado, sen ocultar o sol ou a lúa, presentan o fenómeno de halo (fotometeoro). Fican logo debaixo dos Cirrus e tamén están formados por cristais de xeo.
- Altostratus (AS): capas cincentas ou azuladas, moitas veces asociadas a altocumulus; compostas de gotículas superenfriadas e cristais de xeo; non forman halo, cobren o sol; precipitación leve e continua.
- Altocumulus (AC): banco, lenzo ou capa de nubes brancas ou cincentas, tendo xeralmente sombras propias. Constitúen o chamado "ceo ovellado".
- Stratus (ST): moi baixas, en capas uniformes e suaves, cor cinza; coladas á superficie é o neboeiro; presenta topo uniforme (ar estable) e produce chuvisca (orballo). Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractostratus (FS).
- Stratocumulus (SC): lenzo continuo ou descontinuo, de cor cinza ou esbranquizada, tendo sempre partes escuras.
- Nimbostratus (NS): aspecto amorfo, base difusa e baixa, moi espesa, escura ou cincenta; produce precipitacións intermitentes e máis ou menos intensa.
- Cumulus (Cu): contornos ben definidos, aseméllanse a unha coliflor; máxima frecuencia sobre a terra de día e sobre a auga de noite. Poden ser orográficas ou térmicas (convectivas); presentan precipitación en forma de pancadas; correntes convectivas. Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractocumulus (FC). As moi desenvolvidas son chamadas cumulus congestus. Son sinal de bo tempo.
- Cumulonimbus (CB): nube de treboada; base entre 700 e 1.500 m, con cumios chegando a 24 e 35 km de altura, sendo a media entre 9 e 12 km; están formadas por gotas de agua, cristais de xeo, gotas superenfriadas, flocos de neve e saraiba. Caracterizadas pola "bigornia": o cumio presenta expansión horizontal debido aos ventos superiores, lembrando a forma dunha bigornia ou zafra de ferreiro, e é formado por cristais de xeo, sendo nubes do tipo Cirrostratus (CS).
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Huayna Picchu, (Perú).
Cirros sobre o Monte Corneira
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nube |