Fragmentación do hábitat
A fragmentación do hábitat é un proceso de cambios ambientais importante para a evolución e bioloxía da conservación. Como o seu nome implica, describe a aparición de descontinuidades (fragmentación) no ambiente que habita un organismo (e que implica cambios no seu hábitat). A fragmentación de hábitat pode ser causada por procesos xeolóxicos que paseniñamente mudan a configuración do medio ambiente físico, ou por actividades humanas, por exemplo, a conversión de terras, o cal pode alterar o ambiente dunha forma moito máis rápida na escala de tempo. Considérase que os procesos xeolóxicos sexan unha das principais causas de especiación (fundamentalmente a especiación alopátrica), mentres que as actividades humanas estarían implicadas na extinción de moitas especies.
Un caso de fragmentación de hábitat é a causada polos humanos cando a vexetación nativa é removida para instalar produción agrícola, desenvolvemento rural ou plan urbano. O hábitat que algunha vez formaron unha unidade, fican separados en fragmentos illados. Despois dunha limpeza intensiva do terreo, os fragmentos de hábitat tenden a converterse en illas separadas por camiños, estradas, pastos ou terreos baldíos.
No termo fragmentación de hábitat pódense considerar seis procesos discretos:
- Redución da área total do hábitat.
- Incremento da cantidade de delimitacións.
- Decrecemento da cantidade de hábitat interior.
- Illamento dun fragmento do hábitat doutras áreas do mesmo.
- Ruptura dun sector do hábitat en subsectores máis pequenos.
- Decrecemento do tamaño medio dos sectores dun hábitat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- En inglés
- GLOBIO, programa de localización xeográfica dos impactos de actividades humanas presentes, pasadas e futuras nos ambientes naturais e os seus fragmentación, especialmente nas zonas grandes silvestres.
- Monash Virtual Laboratory - Simulacións de fragmentación de hábitats e xenética de poboacións, de Monash University's Virtual Laboratory.
- Defragmentation in Belgium (Flanders) - Connecting nature, connecting people. Consultado: 23 de outubro de 2018
- Bekker, Hans; van der Grift, Edgar. "Wildlife passages. De-fragmentation in the Netherlands. How to evaluate their effectiveness" [Corredores de vida silvestre en Holanda. Como avaliar o seu efecto?] (PDF). Ministerio para a Transición ecolóxica (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2009.