Saltar ao contido

Mollet del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMollet del Vallès
Imaxe
(2008)

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°32′08″N 2°12′39″L / 41.535572, 2.210705
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Oriental Editar o valor en Wikidata
CapitalMollet del Vallès (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación51.824 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.798,52 hab./km²)
Número de fogares66 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie10,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Besòs e Riera de Tenes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude65 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMireia Dionisio (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento84.600.000 € (2023) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico93 Editar o valor en Wikidata
Código INE08124 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081249 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmolletvalles.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451929

Mollet del Vallès, antes coñecido como Mollet a secas, é un municipio da comarca do Vallès Oriental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Vista xeral do concello.

No termo de Mollet realizáronse diversos achados arqueolóxicos, algún de grande importancia, que testifican a antigüidade da súa poboación, pero as primeiras referencias escritas coñecidas de Mollet del Vallès como núcleo habitado son do século X. En dous documentos do ano 993 xa aparece mencionado o nome de Mollet, transcrito como Moledo, e a igrexa de San Vicente, que aínda conserva o campanario medieval.

Entre os séculos XII e XIV, Mollet pertenceu á sede episcopal de Barcelona e os seus habitantes eran súbditos do bispo. No ano 1393, Mollet pasou a depender directamente da coroa e converteuse en "rúa" de Barcelona, con representante no Consell de Cent desa cidade. Isto supuxo unha prosperidade para o pobo e un reforzamento da organización colectiva, que quedaba definida polo batlle (alcalde), a curia e os sindicatos.

A vitalidade da comunidade fíxose evidente no século XV coa edificación da igrexa de San Vicente. O edificio foi destruído durante a guerra civil española, con excepción do campanario, que conserva o basamento románico.

Mollet viviu, como o resto do territorio, todos os feitos importantes da historia catalá e peninsular. Hai que destacar, entre as accións bélicas, a batalla que as tropas españolas gañaron ao invasor francés nas proximidades do pobo en 1810 e o bombardeo do centro da cidade (Quatre Cantons) pola aviación franquista en 1938, que causou mortos e feridos.

Actualmente está emprazada no municipio o Instituto de Seguridade Pública de Cataluña, onde se preparan os axentes da policía local e autonómica coñecidos como Mossos d'Esquadra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
2.130 5.527 6.614 20.212 35.494 46.204 52.484

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Museo Abelló
  • Parc dels colors
  • Igrexa Parroquial de Sant Vicenç
  • Igrexa de Santa María de Gallecs
  • Les Rambles
  • Casa do Concello
  • Masia de Can Borrell
  • Masia de Can Lledó
  • Masia Can Mulà
  • Masia de Can Pacià
  • Masies de Can Pantiquet e Can Flequer

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]