El Eco de Galicia (A Habana)
El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura) foi un xornal galego editado na Habana desde 1878 ata 1902.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Foi o primeiro gran xornal galego na emigración. O primeiro número saíu o 8 de marzo de 1878. O seu nacemento e evolución están vencellados ao seu director, Waldo A. Insúa, que foi o iniciador do Centro Gallego de La Habana desde as páxinas do xornal. Entre xullo e outubro de 1901 estivo dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento.
El Eco de Galicia era un xornal escrito en castelán, con colaboracións literarias en galego. Tiña información sobre a vida societaria galega en Cuba (Centro Gallego e Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia), noticias locais de Galicia e publicidade dos principais negocios galegos da Habana.
Os seus derradeiros números editáronse en 1902. Foi substituído por Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Monterroso, Juan M. (2014). "Estelas en el mar: el "Eco de Galicia" de La Habana como fuente para la pintura gallega: el caso de Manuel Ángel Álvarez". Arte y patrimonio en España y América. pp. 31–49. ISBN 978-9974-0-1049-9.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Ediciós do Castro. pp. 209–211. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 166–167. ISBN 84-8288-137-X.
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: El Eco de Galicia (A Habana) |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Eco de Galicia ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Eco de Galicia, nº 853 29/10/1898.