José Dionisio Valladares Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Dionisio Valladares Gómez
Nome completoJosé Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas
Nacemento23 de xuño de 1787
 Graba (Silleda)
Falecemento23 de marzo de 1864
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
CónxuxeMaría de la Concepción Núñez Morciego
FillosJacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa.
editar datos en Wikidata ]

José Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas, nacido en Graba (Silleda) o 23 de xuño de 1787 e finado o 23 de marzo de 1864, foi un político galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Igrexa da parroquia de Graba, patria do ilustre Valladares.

Estudou no seminario da cidade de Lugo, onde cursos Latinidade, Lóxica, Metafísica e Filosofía Moral. Tras finalizar os estudos en Lugo, trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela, onde faría a carreira de Leis co grao de Bacharel nemine discrepante.

Co estourido da Guerra xorde na Universidade compostelá un movemento patriótico, que deu como resultado a creación dunha compañía formada por estudantes contra a invasión das tropas francesas, denominado Batallón Literario, composto por ao redor 1.200 homes, entre cadetes e oficiais, encadrados en seis compañías e baixo as ordes do brigadier Don Juan Ignacio Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón e Salgado de Sotomayor, marqués de Santa Cruz de Rivadulla. O 18 de xullo o batallón incorpórase no exército mandado polo xeneral Joaquín Blake, onde formaron a vangarda xunto aos voluntarios navarros.

Valladares foi abandeirado no batallón así como un dos primeiros que se alistou.

En outubro de 1817 casou con María de la Concepción Núñez Morciego na capela de don Pedro María de Cisneros, Conde de Ximonde. Ela era filla de José Núñez, avogado de Santiago de Compostela e Vilancosta, e de Teresa Morciego y Población (nada en Rioseco, Valladolid). Xuntos tiveron 10 fillos: Jacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]