James Clark Ross
James Clark Ross | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | James Clark Ross |
Nacemento | 15 de abril de 1800 |
Lugar de nacemento | Londres e Finsbury Square |
Falecemento | 3 de abril de 1862 |
Lugar de falecemento | Aylesbury |
Soterrado | Aston Abbotts |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña |
Ocupación | explorador, naturalista, oficial da armada e botánico |
Pai | George Ross |
Nai | Christian Clark |
Cónxuxe | Anne Coulman |
Fillos | James Coulman Ross |
Coñecido por | The zoology of the voyage of the H.M.S. Erebus & Terror |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, membro da Royal Society, Founder’s Medal e Grande Médaille d'Or des Explorations |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
James Clark Ross, nado en Londres o 15 de abril de 1800 e finado en Aylesbury o 3 de abril de 1862, foi un oficial naval e explorador británico. Explorou o Ártico xunto co seu tío John Ross e William Parry, e máis tarde dirixiu as súas propias expedicións á Antártida.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Londres e en 1812 entrou na mariña real británica, coa que participou nas guerras napoleónicas. Integrou a expedición do seu tío, John Ross, na procura do Paso do Noroeste en 1818. Entre 1819 e 1827 participou en catro expedicións árticas con William Parry, e entre 1829 e 1833 serviu de novo co seu tío na expedición na que se localizou a posición do Polo Norte Magnético o 1 de xuño de 1831.
Capitán dende 1834, entre 1835 e 1838 participou nas investigacións magnéticas en Gran Bretaña. Entre 1839 e 1843 dirixiu a expedición antártica do HMS Erebus e do HMS Terror que cartografaron boa parte da liña de costa do continente. En 1841 descubriu o Mar de Ross, Terra Vitoria e os volcáns Monte Erebus e Monte Terror.
En 1847 publicou as experiencias da súa expedición co título de A Voyage of Discovery and Research to Southern and Antarctic Regions.