Saltar ao contido

Pobo chukchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo chukchi
Imaxe da bandeira
Imaxe
Familia chukchi e o seu can siberiano, a comezos do século XX.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Lingua usada
Cifras e dimensións
Poboación15 938 (censo de 2002)
Rusia Rusia15 908[1]
Ucraína Ucraína30[2]
Estonia Estonia11[3]
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fwpx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os chukchis[4] (en ruso: чукчи (plural) e чукча (singular) son un pobo, de tradición nómade, nativo de Siberia (Rusia). Son cazadores de renos e viven en tendas de pel de reno, que son ben vedadas para reter a calor. Habitan na Península Chukchi e no litoral do Mar de Chukchi e Mar de Bering, no océano Ártico. As súas orixes veñen dos habitantes da área do Mar de Okhotsk.

A denominación chukchi é unha adaptación ao ruso da palabra chauchu, do Chukoto, "ricos en renos". Os chukchis chámanse a si mesmos /ɬəɣʔorawətɬʔat/ (singular /ɬəɣʔorawətɬʔan/), "o pobo verdadeiro".

Hai dous grupos de chukchis: Os da tundra ou do interior, que son os chavchu (criadores de renos); os do litoral, que son os ankalyn. O conxunto dos dous grupos é denominado lygoravetlyan ou luorawetlan.