Lactosa
| Lactosa | |
|---|---|
β-D-galactopiranosil-(1→4)-D-glicosa | |
Outros nomes Azucre do leite | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 63-42-3 |
| PubChem | 6134←← |
| ChemSpider | 5904 |
| UNII | J2B2A4N98G |
| Número CE | 200-559-2 |
| ChEBI | CHEBI:36218 |
| ChEMBL | CHEMBL417016 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C12H22O11 |
| Masa molecular | 342,30 g/mol |
| Aspecto | sólido branco |
| Densidade | 1,525 g/cm3 |
| Punto de fusión | 202.8 °C[1] |
| Punto de ebulición | 668.9 °C[1] |
| Solubilidade en auga | 21,6 g/100 mL[2] |
| Termoquímica | |
| Entalpía estándar de combustión ΔcH |
5652 kJ/mol, 1351 kcal/mol, 16,5 kJ/g, 3,94 kcal/g |
| Perigosidade | |
| EU Index | non listado |
| NFPA 704 | |
| Punto de inflamabilidade | 357.8 °C [1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |

A lactosa é un disacárido formado pola unión dunha molécula de glicosa e outra de galactosa. Tamén recibe a denominación de lactina, lactobiosa, 4-Beta-D-piranosil-D-glicosa ou azucre do leite posto que se atopa presente nel. Realmente na súa formación interveñen dous monosacáridos: a Beta-galactopiranosa e unha Beta-glicopiranosa, unidas polo Carbono 1-4 (desta reacción obtense unha molécula de auga).
Características
[editar | editar a fonte]É un sólido cristalino, xeralmente branco, soluble en auga e insoluble alcois. O seu sabor é doce , obtense por concentración e cristalización do soro do leite dos mamíferos cunha molécula de hidratación e a súa masa molar é de 360.32 g/mol.
Denomínase azucre do leite por aparecer nel nunha proporción do 4 ó 5%. No caso dos humanos é necesaria a presenza do enzima lactase para a súa correcta absorción. Cando o organismo non é capaz de asimilala correctamente padécense unha serie de síntomas que determinan unha intolerancia á lactosa. A intolerancia á lactosa é unha enfermidade da mucosa intestinal causada pola carencia de dita enzima. Os seus principais síntomas son: a dor abdominal, a flatulencia,a perda de peso, a diarrea... que se solucionan cunha dieta privada en produtos que posúan esta substancia.
É un elemento primordial na dieta dos mamíferos lactantes, utilízase en multitude de produtos da industria alimentaria, na fabricación de lévedos e proteínas comestibles, na industria farmacéutica e como absorbente en cromatografía.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Sigma Aldrich". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
- ↑ A solubilidade da lactosa en auga é de 18,9049 g a 25 °C, 25,1484 g a 40 °C e 37,2149 g a 60 °C por 100 g de solución. A súa solubilidade en etanol é 0,0111 g a 40 °C e 0,0270 g a 60 °C por 100 g de solución.Machado, José J. B.; Coutinho, João A.; Macedo, Eugénia A. (2001). "Solid–liquid equilibrium of α-lactose in ethanol/water". Fluid Phase Equilibria 173 (1): 121–34. doi:10.1016/S0378-3812(00)00388-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.. ds
