Golfo de Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Golfo de Alaska»)
Golfo de Alasca
Gulf of Alaska
Localización administrativa
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
DivisiónEstados Unidos de América Estados Unidos
SubdivisiónBorough de Lake and Peninsula
Borough de Aleutianas Orientais
Borough de illa Kodiak
Borough de península de Kenai
Sitka
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAmérica do Norte
ArquipélagoArchipélagos Kodiak
Alexander
EcorrexiónMonumento nacional e Reserva de Aniakchak e parques nacionais de Katmai, Lago Clark, fiordes de Kenai, Wrangell-San Elías e baía dos Glaciares
Xeografía
AfluentesCopper (462 km) e Susitna (504 km)
Accidentes
Golfos e baíasCook Inlet, Prince William Sound e Baía de Yakutat
Características
Lonxitude máxima1 950 km (L-O, na boca)
Anchura máxima650 km (N-S)
Outros datos
Cidades costeirasJuneau, Kodiak, Seward, Cordova e Sitka
Mapa

Xeolocalización en Alasca

Mapa do golfo de Alasca.

O golfo de Alasca é un brazo curvo do océano Pacífico na costa sur de Alasca, delimitando polo oeste coa península de Alasca e a illa Kodiak, e polo leste co arquipélago Alexander, onde se encontra a baía Glaciar.

A ribeira do golfo é unha combinación de bosques, montañas e glaciares, como o Malaspina e o Bering. A costa está profundamente accidentada, con enormes entrantes como a Cook Inlet e o Prince William Sound (dous grandes corpos de auga interconectados), ou como tamén a baía Yakutat ou o Cross Sound.

Meteoroloxicamente, o golfo é un continuo xerador de tormentas. Isto, sumado ás vastas cantidades de neve e xeo sobre o sur de Alasca, dá como resultado as maiores tempestades da zona sur do círculo polar ártico. Moitas destas tormentas móvense cara ao sur polas costas de Columbia Británica, Washington e Oregón. A maioría das choivas estacionais do Noroeste do Pacífico proveñen do golfo de Alasca.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.