Juneau
| Dzánti K'ihéeni (tli) Dzantik’i Héeni (tli) | |||||
| Epónimo | Joe Juneau | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Exclave | Alasca | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | sen valor | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 32.255 (2020) | ||||
| Número de fogares | 14.093 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 8.427,626992 km² | ||||
| Auga | 16,9631 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Bañado por | Gastineau Channel | ||||
| Altitude | 17 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Fundador | Joe Juneau | ||||
| Creación | 1881 | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Juneau, Alaska (en) | Beth Weldon | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 99801, 99802, 99803, 99811, 99812 e 99850 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 907 | ||||
| Código de departamento INSEE | 02110 | ||||
| Identificador GNIS | 1404263 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | juneau.org | ||||
A cidade de Juneau é a capital do estado de Alasca, nos Estados Unidos. No ano 2005, a cidade contaba con 30.987 habitantes, polo que se sitúa como a Terceira cidade do estado en termos de poboación, precedida por Fairbanks e por Anchorage. A cidade atópase localizada na Canle Gastineau, no Arquipélago Alexander.
Características Xerais
[editar | editar a fonte]Xeografía
[editar | editar a fonte]Juneau é unha das dúas capitais de estado estadounidense as que non se pode chegar por estrada, a outra é Honolulú, o único medio para chegar a ela é por avión ou por barco. Atópase a nivel do mar, aínda que ten moitas montañas próximas. Localízase a unha latitude de 58º 18' 06" cara o Norte a unha lonxitude 134º 25' 10" ao Oeste, a carón do territorio do Canadá (á súa beira oeste), canda outras moitas illas.
Clima
[editar | editar a fonte]Juneau, apesares de estar no sueste do Alasca, ten unha temperatura moi baixa, cunha temperatura anual inferior a 5 °C. No verán a temperatura é duns 20 °C, usualmente anubrado e con precipitacións, principalmente en agosto e setembro. No inverno a temperatura é menor de 0 °C, chovendo máis do que chovía no verán. A temperatura máxima rexistrada na historia de Juneau foi 32 °C, no xullo de 1975, e a mínima foi en xaneiro do 1972, con -30 °C.
Antropoloxía
[editar | editar a fonte]A poboación nativa é de orixe tlingit, un pobo de ricas tradicións artísticas, con dominio do tecido, a escultura (tótems), a danza e o canto.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois de que o ouro fose descuberto, un grupo de buscadores instalouse na localidade, sendo a cidade propiamente fundada en 1881, bautizada en honra ao mineiro Joseph Juneau. Logo da época dos buscadores de ouro, grandes minas subterráneas foron cavadas a principios do século XX, as cales seguirían sendo explotadas ata comezos da segunda guerra mundial.

