Rubén Cela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1979 (45 anos) Lugo, España |
5º Secretario Xeral de Galiza Nova | |
2000 – 2004 ← Martiño Santos Canosa – Xosé Emilio Vicente → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , economista |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Rubén Cela Díaz, nado en Lugo o 1 de marzo de 1979, é un economista e político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo un curso de posgrao de Especialista en Dereito Tributario. Profesionalmente traballa no ámbito da consultaría privada. Milita no nacionalismo desde os dezaseis anos, nos Comités Abertos de Estudantes, nos Comités Abertos de Faculdade (CAF) e en Galiza Nova, organización da cal foi secretario xeral (2000-2004). Así mesmo, foi Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia (2006-2009). Foi o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela, onde se postulou para alcalde nas eleccións municipais de 2011, nas cales foi elixido concelleiro (2011-2019). É membro da Executiva Nacional do BNG e preside a Fundación Galiza Sempre.