Manuel Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Antelo Pazos
Manuel Antelo

Escudo de Vimianzo.svg
Alcalde de Vimianzo
2011 – 2019
Precedido por Alejandro Rodríguez Lema

Logo-galiza-nova.png
Secretario Xeral de Galiza Nova
1990 – 1992

Datos persoais
Nacemento 1 de outubro de 1965 (57 anos)
Urroa, Vimianzo, Galicia Galicia
Partido BNG (1983 - 2016)

Foro Galego (2016 - actualidade)
En Marea (2016 - actualidade)

Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia Vimianzo

Manuel Antelo Pazos, nado en Urroa (Vimianzo) o 1 de outubro de 1965, é un profesor e político galego vinculado durante anos ao Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1983 - 2016: Etapa no BNG[editar | editar a fonte]

Militou no BNG desde 1983, sendo membro de ERGA entre 1983 e 1988, da que foi o último secretario xeral. En 1988 foi un dos fundadores de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, da que foi secretario portavoz entre 1990 e 1992.

Foi responsable comarcal do BNG na Costa da Morte no período de 1993 a 1995. En 1999 foi elixido concelleiro en Vimianzo e nomeado portavoz municipal. Foi membro do Consello Nacional do BNG entre 1993 e 1995 e tamén o o foi dende o ano 2002.

No verán de 2009 tomou posesión como membro do consello de administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia a proposta do BNG[1], consello do que sería nomeado presidente en marzo de 2011[2].

Logo das eleccións municipais de 2011 saíu elixido alcalde de Vimianzo grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Durante esta etapa sería, asemade, secretario de "acción municipal" do BNG[3].

Tralas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta e volveu ser elixido alcalde.

Dende 2016 : Abandono do BNG e integración en En Marea[editar | editar a fonte]

Manuel Antelo.

En abril de 2016 anunciou o seu abandono do BNG xunto co de todo o grupo municipal pasando a formar parte do grupo municipal dos non adscritos e anunciou a creación dunha nova formación política chamada Foro Galego[4].

O 30 de xullo de 2016 participou en Vigo na reunión de En Marea destinada a lanzar o proxecto cara as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. Do encontro saíu a coordinadora presidida polo histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras e na que Antelo é un dos 11 membros.[5]

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía, tras ser derrotado pola candidata do PSdeG Mónica Rodríguez Ordóñez.[6]


Predecesor:
Alejandro Rodríguez Lema
 Escudo de Vimianzo.svg
Alcalde de Vimianzo
 
2011 - 2019
Sucesor:
Mónica Rodríguez Ordóñez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]