Paulo Ríos Santomé
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Paulo Ríos Santomé | |
---|---|
Nacemento | 1993 |
Lugar de nacemento | Moaña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Aberta de Cataluña |
Ocupación | político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paulo Ríos Santomé, coñecido como Kai, nado en Moaña en 1993, é un político galego do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Grao de Ciencias Sociais na Universidade Aberta de Cataluña. Militou en Galiza Nova dende 2015, foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova dende ese ano e membro da Executiva Nacional do BNG. Foi secretario xeral da Unión da Mocidade Galega, posto que abandonou en 2020. Concelleiro de Mocidade en Moaña dende 2017.[1][1][2] Na Asemblea Nacional Extraordinaria de outubro de 2019, foi elixido secretario xeral de Galiza Nova.[3]. Nas autonómicas de 2020 foi o número 6 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Concello de Moaña". Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Dimite el edil de Deportes de Moaña, Abel Pérez,y entra Pablo Ríos que llevará Mocidade
- ↑ "Crónica da Asemblea Nacional Extraordinaria de Galiza Nova". Sitio web de Galiza Nova. 2019-10-25. Consultado o 2020-03-04.