Saltar ao contido

Festival de Eurovisión 1956

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 1956
Datas
Final 24 de maio
Anfitrión
Lugar Teatro Kursaal, Lugano, Suíza Suíza
Presentador(es) Lohengrin Filipello
Televisión anfitrioa
Acto(s) intermedio(s) Les Joyeux Rossignols
Les Trois Ménestrels
Participantes
Participantes 7
Países que debutan Alemaña Alemaña
Bélxica Bélxica
Francia
Luxemburgo Luxemburgo
Países Baixos Países Baixos
Suíza Suíza
Italia Italia
Votacións
Canción gañadora Refrain, Lys Assia
Suíza Suíza
Festival de Eurovisión
◄1955 1957►

O I Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 24 de maio de 1956 no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza. O presentador foi Lohengrin Filipello, e a ganadora foi a canción "Refrain" de Lys Assia, representante do país anfitrión.

O primeiro festival, dunha hora e corenta minutos de duración, foi principalmente un programa radiofónico, aínda que houbo cámaras no estudo para aqueles poucos cidadáns europeos que posuían un televisor. Esa é a razón que explica a pobre decoración do escenario.[1]

Recomendouse a cada un dos países participantes que levase a cabo unha preselección nacional para elixir o seu tema e presentaron dúas cancións, debido a que só participaron sete países: Alemaña Federal, Suíza, Francia, Luxemburgo, Italia, Países Baixos e Bélxica. Austria, Dinamarca e o Reino Unido foron descualificados da gran final inscribirse logo da data oficial.[1]

Neste primeiro festival, aínda que non existía regulamento respecto diso, as cancións non superaron os tres minutos e medio, e os cantantes estiveron acompañados por unha orquestra de 24 músicos, dirixida por Fernando Paggi. Non participou ningún grupo, aínda que Lys Assia foi acompañada polo quinteto Radiosa como coro nas súas dúas cancións, xa que nesta primeira edición non existía limitación no número de intérpretes en escena, algo que se introduciría ao ano seguinte.[1]

Todos os países participantes enviaron un xurado composto por dous membros, salvo o ducado de Luxemburgo que permitiu que o xurado suízo votase no seu lugar. Por iso, e tendo en conta que os xurados podían ata votar á canción do seu propio país, podería explicar a vitoria do tema helvético.[1]

Só se anunciou a canción ganadora, sen publicarse as puntuacións e posicións dos outros temas participantes, o que produciu que xurdisen moitos rumores, entre eles o que colocaba ao tema alemán de Walter Andreas Schwarz como segundo clasificado. A partir de entón entendeuse que facer a votación pública sería interesante para incrementar a audiencia, algo que se convertería rapidamente nun dos momentos máis míticos do certame ata o día de hoxe.[1]

Descoñécese se sobreviviu algún vídeo integro do festival. O único material fílmico que se conserva é o de Lys Assia cantando a canción gañadora Refrain ao final do festival, material que orixinalmente consérvase sen son e que para a súa edición no DVD do 50 aniversario do festival foi sincronizado coa versión do son en estudo da canción. A gravación da emisión radiofónica si que se conserva practicamente completa, aínda que faltan vinte minutos correspondentes ao intermedio, do que só se conserva un fragmento, mentres se decidían as votacións.[1]

A anécdota a protagonizou Lys Assia, cando ao saberse ganadora e ter que interpretar unha vez máis a súa canción ganadora, emocionouse na primeira estrofa e non puido continuar, co que a orquestra tivo que volver empezar, coas desculpas da cantante.[1]

O proceso para organizar a primeira edición do Festival da Canción de Eurovisión comezou en 1954, cando a Unión Europea de Radiodifusión designou un comité para organizar un programa de televisión emitido ao mesmo tempo en todos os países membros da organización. Aínda que en principio pensouse que sería un espectáculo de variedades, os italianos propuxeron organizar un concurso internacional similar ao Festival de San Remo, que levaban eles organizando varios anos, pero con cancións de todos os países.

O comité, dirixido por Marcel Bezençon, director da televisión suíza, comezou en xaneiro de 1955 en Mónaco a estudar seriamente a idea, e o 19 de outubro aprobouse oficialmente a idea en Roma. Un xornalista británico foi o que lle puxo involuntariamente o nome de Eurovision Song Contest ao concurso, pese a que aínda non existía o termo Eurovisión, que actualmente úsase para referirse á UER e ao festival. A UER traduciu o nome ao francés co nome de Grand Prix Eurovision da Chanson, que foi o usado oficialmente no festival. O regulamento comezou a escribirse a finais de 1955.[2]

Participantes

[editar | editar a fonte]
BélxicaFranciaItaliaLuxemburgoPaíses BaixosSuízaAlemaña
     Países fundadores do Festival da Canción de Eurovisión

Un total de 7 países participaron na I edición do Festival, sendo estes: Alemaña, Bélxica, Suíza, Italia, Francia, Luxemburgo e Países Baixos. Reino Unido, Austria e Dinamarca tamén inscribíronse pero ao facelo fora da data oficial, foron descualificados. Debido á cantidade tan baixa de participantes, para alargar o programa, cada país enviou 2 cancións. Dos sete países participantes, só Suíza e Luxemburgo enviaron a mesma cantante para as dúas actuacións. Os demais enviaron cada un dous cantantes. Unha das representantes neerlandesas, Corry Brokken, gañou o festival o ano seguinte. Por outra banda, Fud Leclerc volveu a representar a Bélxica no 1958, 1960 e 1962 e Lys Assia representou a Suíza en 1957 e 1958.

País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección
Linguas
Alemaña Alemaña
ARD
"Im Wartesaal zum großen Glück" Walter Andreas Schwarz Final nacional, 01-05-56
Alemán
"So geht das jede Nacht" Freddy Quinn Repescado internamente
Alemán
Bélxica Bélxica
INR
"Messieurs les noyés de la Seine" Fud Leclerc Elección interna
Francés
"Le plus beau jour de ma vie" Mony Marc
Francés
Francia Francia
RTF
"Le temps perdu" Mathé Altéry -
Francés
"Il est là" Dany Dauberson
Francés
Italia Italia
RAI
"Aprite le finestre" Franca Raimondi Festival de San Remo 1956, 11-03-56
Italiano
"Amami se vuoi" Tonina Torrielli
Italiano
Luxemburgo Luxemburgo
CLT
"Ne crois pas" Michèle Arnaud Elección interna
Francés
"Les amants de minuit" Michèle Arnaud
Francés
Países Baixos Países Baixos
NTS
"De vogels van Holland" Jetty Paerl Final nacional, 24-04-56
Neerlandés
"Voorgoed voorbij" Corry Brokken
Neerlandés
Suíza Suíza
SSR SRG
"Das alte Karussell" Lys Assia Final nacional, 28-04-56
Alemán
"Refrain" Lys Assia
Francés

Celebración do Festival

[editar | editar a fonte]

O festival de Eurovision de 1956, foi realizado o 24 de maio de 1956 no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza. Os resultados non se publicaron, só se anunciou a ganadora, que terminou sendo Lys Assia, representante do país anfitrión co tema "Refrain". Cabo destacar que foi acompañada polo quinteto Radiosa como coro.

O libro de Simon Barclay The Complete and Independent Guide to the Eurovision Song Contest 2010 inclúe unha táboa cuns presuntos resultados, pero o autor non cita unha fonte e baixo a táboa escribe que os votos outorgados nunca se revelaron.[3]

País Intérprete(s) Canción Lugar
1 Países Baixos Países Baixos Jetty Paerl De vogels van Holland -
2 Suíza Suíza Lys Assia Das alte Karussell -
3 Bélxica Bélxica Fud Leclerc Messieurs les noyés de la Seine -
4 Alemaña Alemaña Walter Andreas Schwarz Im Wartesaal zum großen Glück -
5 Francia Mathé Altéry Le temps perdu -
6 Luxemburgo Luxemburgo Michèle Arnaud Ne crois pas -
7 Italia Italia Franca Raimondi Aprite le finestre -
8 Países Baixos Países Baixos Corry Brokken Voorgoed voorbij -
9 Suíza Suíza Lys Assia Refrain 1
10 Bélxica Bélxica Mony Marc Le plus beau jour de ma vie -
11 Alemaña Alemaña Freddy Quinn So geht das jede Nacht -
12 Francia Dany Dauberson Il est là -
13 Luxemburgo Luxemburgo Michèle Arnaud Les amants de minuit -
14 Italia Italia Tonina Torrielli Amami se vuoi -
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Eurovision History - Lugano 1956". European Broadcasting Union. Consultado o 5 de marzo 2012. 
  2. Loredo, Miguel Así nació el Festival de Eurovisión Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. eurovision-spain.com
  3. Barclay, Simon (June 17, 2010). The Complete and Independent Guide to the Eurovision Song Contest 2010. Silverthorn Press. p. 24. ISBN 9781445784151. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
-

Festival da Canción de Eurovisión

Lugano 1956
Sucesor:
Alemaña Frankfurt 1957