Lohengrin Filipello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lohengrin Filipello
Nacementoc. 1918
 Suíza Suíza
Falecemento29 de decembro de 1993 (75 anos)
NacionalidadeSuíza
OcupaciónPresentador
editar datos en Wikidata ]

Lohengrin Filipello, nado en c. 1918 e finado o 29 de decembro de 1993, foi un presentador da televisión de Suíza.

En 1956, Lohengrin Filipello tivo a honra de presentar para toda Europa a primeira edición do Festival da Canción de Eurovisión, celebrada en Lugano (Suíza). Tamén foi o único presentador masculino que presentaba o festival ata que a edición de 1978 a co-presentou Léon Zitrone, e Filipello continúa sendo o seu único presentador masculino en solitario.[1] Posteriormente, Filipello seguiu involucrado no Festival de Eurovisión, xa que presentou as finais nacionais de Suíza en 1961 e 1967 para seleccionar cantante e canción para Eurovisión.

Morreu o 29 de decembro de 1993 aos 75 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Connor, John Kennedy (2007). The Eurovision Song Contest: The Official History. UK: Carlton Books. p. 72. ISBN 978-1-84442-994-3.