Saltar ao contido

Refrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refrain
Lys Assia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
Refrain (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Datas
 Data de publicación
1956 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dp3vl Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

«Refrain» ([ʁə.fʁɛ̃]; en galego: «Retrouso»; orixinalmente titulada «Refrains») é unha canción composta por Géo Voumard e interpretada en francés por Lys Assia.[1] Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional suíza en 1956.[2] Declarouse gañadora desa edición, converténdose na primeira gañadora do festival.[3]

Festival de Eurovisión 1956

[editar | editar a fonte]
Lys Assia, intérprete da canción, en 1958.

Selección

[editar | editar a fonte]

Esta canción participou na final nacional para elixir as dúas actuacións que representarían a Suíza no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 28 de abril de 1956.[4] Finalmente, as cancións «Das alte Karussell» e «Refrains» declaráronse gañadoras da gala.[4][5]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada por Lys Assia.[3] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[6]

Foi interpretada en noveno lugar, seguindo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Voorgoed voorbij» e precedendo a Bélxica con Mony Marc interpretando «Le plus beau jour de ma vie».[7] A canción foi anunciada gañadora ao final do certame.[8]

    Referencias
    1. "1956 – Lys Assia, “Refrain”". eurovision-spain.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
    2. "Switzerland 1956 : Lys Assia, Refrain". ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2016.
    3. 1 2 UER (ed.). "Lys Assia - Switzerland — Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2019.
    4. 1 2 "Swiss National Final 1956" [Final nacional suíza 1956]. natfinals.50webs.com (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2016.
    5. "National Final : Switzerland 1956" [Final nacional : Suíza 1956]. esc-history.comESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 8 de agosto de 2016.
    6. "Fernando Paggi". andtheconductoris.eu (en inglés). Search, by year, 1956, Fernando Paggi. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2019.
    7. UER (ed.). "Final of Lugano 1956". eurovision.tv (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
    8. UER (ed.). "Lugano 1956". eurovision.tv (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]
    Predecesor:
    «Das alte Karussell»
    Lys Assia

    Suíza no Festival de Eurovisión

    1956
    Sucesor:
    «L'enfant que j'étais»
    Lys Assia