Les amants de minuit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Les amants de minuit»
Sinxelo de Michèle Arnaud
Lanzamento 1956
Formato Disco de vinilo 7", EP
Gravada 1956
Xénero musical
Lingua(s) Francés
Duración 2:44
Discográfica Ducretet Thomson
Produtor(es)
Escritor(es) Simone Laurencin (música)
Pierre Lambry (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Les amants de minuit» (en galego: «Os amantes da medianoite») é unha canción composta por Simone Laurencin e interpretada en francés por Michèle Arnaud.[1] Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Ducretet Thomson.[2] Foi elixida para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión de 1956 tras ser seleccionada internamente pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.[3][4]

Festival de Eurovisión 1956[editar | editar a fonte]

Les amants de minuit
Canción do Festival de Eurovisión 1956
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Simone Laurencin (música)
Pierre Lambry (letra)
Director
Jacques Lassry
Resultados
Posto na Final
2.º[a]
Puntos na Final
-
Cronoloxía
◄ «Ne crois pas» (1956)   
«Tant de peine» (1957) ►

Selección[editar | editar a fonte]

«Les amants de minuit» foi seleccionada para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1956 pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.[3]

No festival[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante francesa Michèle Arnaud.[4] A orquestra foi dirixida por Jacques Lassry.[6]

Foi interpretada 13.ª, seguindo a Francia con Dany Dauberson interpretando «Il est là» e precedendo a Italia con Tonina Torrielli interpretando «Amami se vuoi».[5] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que o resultado das votacións non foi revelado, a páxina web oficial do Festival de Eurovsión asigna ás cancións non gañadoras o segundo posto.[5]
Referencias
  1. "Les Amants De Minuit". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  2. "Michèle Arnaud ?– Les Amours Oubliées". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Luxembourg 1956" [Luxemburgo 1956]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 UER (ed.). "Michèle Arnaud - Luxembourg — Lugano 1956" [Michèle Arnaud - Luxemburgo — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  5. 5,0 5,1 UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  6. "Jacques Lassry". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Jacques Lassry. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  7. UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
«Ne crois pas»
Michèle Arnaud

Luxemburgo no Festival de Eurovisión

1956
Sucesor:
«Tant de peine»
Danièle Dupré