Saltar ao contido

De vogels van Holland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
De vogels van Holland
Jetty Paerl Editar o valor en Wikidata
 Título
    De vogels van Holland (nl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Tonalidade
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Datas
 Data de publicación
1956 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
 Duración
   3 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/026vsfh Editar o valor en Wikidata
Wikidata

«De vogels van Holland» ([də ˈvoːɣəls vɑn ˈɦɔlɑnt]; en galego: «Os paxaros de Holanda») é unha canción escrita por Annie M. G. Schmidt e Cor Lemaire interpretada en neerlandés por Jetty Paerl.[1] Foi elixida para representar aos a Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto na final nacional neerlandesa Nationaal Songfestival 1956.[1][2]

Festival de Eurovisión 1956

[editar | editar a fonte]
Jetty Paerl, intérprete da canción, en 1956.

Selección

[editar | editar a fonte]

Esta canción participou en Nationaal Songfestival 1956, unha final nacional organizada pola emisora neerlandesa Nederlandse Televisie Stichting para elixir as dúas actuacións que representarían aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 24 de abril de 1956, un mes antes do festival, no estudo de televisión de AVRO en Hilversum.[2]

A canción foi interpretada pola cantante neerlandesa Jetty Paerl en segundo lugar, sucedendo a Corry Brokken con «Ik zei ja» e precedendo a Bert Visser con «Gina mia». O resultado da votación, que foi realizada polos telespectadores enviando tarxetas postais, foi anunciado o 5 de maio. A canción obtivo o segundo posto con 1530 puntos, cualificándose para participar no Festival de Eurovisión xunto á canción «Voorgoed voorbij», que gañou a final con 1854 puntos.[2]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante Jetty Paerl.[1] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[3]

Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «Das alte Karussell».[4] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[5]

  1. 1 2 3 UER (ed.). "Jetty Paerl - Netherlands — Lugano 1956" [Jetty Paerl - Países Baixos — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  2. 1 2 3 "NATIONAAL SONGFESTIVAL 1956". DING-A-DONG (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  3. ↑ "Fernando Paggi". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Fernando Paggi. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2019. Dolf van der Linden dos Países Baixos, quen fora o director musical da preselección neerlandesa, non puido viaxar a Suíza debido a que, exactamente o mesmo día que o festival, asignáraselle unha citación para actuar coa súa Orquesta Metropole fronte a rexementos militares neerlandeses. Esta é a razón pola que Fernando Paggi converteuse no primeiro director de orquestra no certame, xa que os Países Baixos actuaron en primeiro lugar con «De vogels van Holland», un valse encantador interpretado por Jetty Paerl.
  4. ↑ UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  5. ↑ UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable.


Predecesor:
Primeira aparición

Países Baixos no Festival de Eurovisión

1956
Sucesor:
«Voorgoed voorbij»
Corry Brokken