Eurovisión (rede)
Aparencia
Eurovisión (rede) | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | emisora de televisión ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1954 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Xenebra ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | eurovision.net ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Eurovisión é unha rede iniciada no 1954 que forma parte da Unión Europea de Radiodifusión, xurdida á súa vez no 1950 como un sistema de cooperación internacional de radiodifusión. A rede de Eurovisión foi creada co propósito de intercambiar programas de televisión e, como consecuencia, retransmisións de noticias a través do Eurovision news exchange.
Actividades
[editar | editar a fonte]As principais actividades que realiza a rede de Eurovisión son:
- O intercambio de información entre as distintas cadeas de TV e radio.
- A negociación dos dereitos de retransmisión de eventos deportivos.
- A organización e a retransmisión dos eventos deportivos e culturais, así como do Festival da Canción de Eurovisión.