Moldova no Festival de Eurovisión
| Moldova | |
|---|---|
| Estación membro | TRM |
| Final nacional | |
| Aparicións | 10 |
| Primeira aparición | 2005 |
| Mellor resultado | |
| Final | 6º 2005 |
| Semifinal | 2º 2005 |
| Peor resultado | |
| Final | 22º 2010 |
| Semifinal | 16º 2014 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina de Moldova en Eurovision.tv | |
Moldova participou no Festival de Eurovisión dende o 2005. O país tivo, comparativamente, presentacións exitosas no festival: das súas dez cancións, dous terminaron entre os dez primeiros lugares, porén tanto en 2008 como en 2014 non pasou á final.
En 2005, Moldova debutou no festival en Kíiv co grupo Zdob şi Zdub e a canción "Boonika Bate Toba". O número foi ben recibido e terminou en 2º lugar na semifinal, e cualificando á rolda final. Na final terminou nun 6º lugar con 148 puntos. Poucos países quedan tan ben situados no ano do seu debut e ata agora é o seu mellor resultado na historia.
Tanto en 2010 como en 2011, Moldova clasificouse á final na 10ª posición (aínda que na final obtivo a 22ª e a 12ª posición respectivamente). En 2010, a atrevida entrada de SunStroke Project e Olia Tira non convenceu ao xurado e televoto pese a súa repercusión por Europa e resto do Mundo debido ao saxofonista da canción, que se converteu nun meme mundial chamado "Epic Sax Guy".
Participantes
[editar | editar a fonte]| Ano | Sede | Artista | Canción | Final | Pts | Semifinal | Pts |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2005 | Zdob şi Zdub | "Boonika Bate Doba" | 06 | 148 | 02 | 207 | |
| 2006 | Arsenium e Natalia Gordienko | "Loca" | 20 | 22 | |||
| 2007 | Natalia Barbu | "Fight" | 10 | 109 | 10 | 91 | |
| 2008 | Geta Burlacu | "A century of love" | 12 | 36 | |||
| 2009 | Nelly Ciobanu | "Hora din Moldova" | 14 | 69 | 05 | 106 | |
| 2010 | Sunstroke Project & Olia Tira | "Run Away" | 22 | 27 | 10 | 52 | |
| 2011 | Zdob şi Zdub | "So lucky" | 12 | 97 | 10 | 54 | |
| 2012 | Pasha Parfeny | "Lăutar" | 11 | 81 | 05 | 100 | |
| 2013 | Aliona Moon | "O Mie" | 11 | 71 | 04 | 95 | |
| 2014 | Cristina Scarlat | "Wild soul" | 16 | 13 | |||
| 2015 | - | - | - | - | - | - |