Mar Exeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Exeo")
Mar Exeo
Gökceada Kuzu Limani 1.jpg
Localización administrativa
País Grecia Grecia
Turquía Turquía
División Periferias de Macedonia Oriental e Tracia, Macedonia central, Tesalia, Grecia central, Ática, Peloponeso, Creta, Exeo meridional e Exeo setentrional (GRE)
Rexións do Mármara e do Exeo (TUR)
Localización xeográfica
Mar (océano) Mar Mediterráneo
Continente Europa-Asia
Illa(s) Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas
Xeografia
Mares contiguos Mar de Mármara e mar Xónico
Subdivisións Mar de Tracia, mar de Creta e mar de Mirtos
Illas interiores Máis de 5000 illas, sendo as máis importantes as illas das Cícladas, as illas Espóradas e o arquipélago do Dodecaneso
Accidentes
 • Estreitos Dardanelos (mar de Mármara) e Canal de Corinto (mar Xónico)
Superficie 180 000 km²
Lonxitude màxima 600 km
Anchura màxima 400 km
Profundidade màxima 3543 m
Mapa
Localización do mar Exeo.

Localización do mar Exeo.
Mar Exeo, Grecia ao oeste e Turquía ao lesteImaxe NASA.
Mar Exeo, Grecia ao oeste e Turquía ao leste
Imaxe NASA.

O mar Exeo é un brazo do mar Mediterráneo, situado entre a Grecia e a Turquía. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

O mar Exeo debe o seu nome ao rei Exeo, que, na mitoloxía grega, se suicidou cando o seu fillo, Teseo, volveu de Creta tras dar matado ao Minotauro, monstro a cuxa alimentación fora destinado xunto con outros seis mozos e sete mozas. Este era o tributo que os atenienses debían pagar anualmente a Minos. Os mariñeiros que o acompañaban deberían izar velas claras se Teseo retornase vivo, e escuras se morrera na loita contra o Minotauro. Así e todo, tamaña era a alegría da tripulación que esqueceron a promesa feita ao rei. Exeo botouse no mar, que desde entón leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Exeo Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.