Saltar ao contido

Río Maritsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Maritsa
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaBulgaria Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial2.378 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaTrajanópolis, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final0 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaGrecia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Tracia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°09′53″N 23°35′45″L / 42.16481, 23.59589
40°44′17″N 26°01′50″L / 40.7381, 26.0306
Afluente
Tundzha (en) Traducir, Rio Arda (pt) Traducir, Ergene (en) Traducir, Chepinska river (en) Traducir, Erythropotamos (en) Traducir, Stryama (en) Traducir, Topolnitsa (en) Traducir, Chepelare River (en) Traducir, Vacha (en) Traducir, Sazliyka (en) Traducir, Yadenitsa (en) Traducir, Srebra (Silver) River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaMaritsa Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións490 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica53.846 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal200 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Maritsa (en búlgaro Марица), chamado polos gregos Evros (Εβρος), latinizado como Hebrus, e coñecido polos turcos como Meriç, é con 515 km de lonxitude o maior curso fluvial que efectúa o seu percorrido só dentro da Península balcánica. Nado en Bulgaria, no seu curso inferor fai de fronteira entre Grecia e Bulgaria e, tamén, entre Grecia e a Turquía europea. Desauga no mar Exeo.

O Maritsa nace nos montes Rila, no suroeste de Bulgaria, cerca do monte Musala. A súa corrente diríxese cara ao sueste e os montes Ródopes; atravesa logo Plovdiv e Parvomay, para dirixerse en dirección a Edirne, Turquía. No seu curso alto, o val do Maritsa constituíu a principal ruta de movemento entre o leste e o oeste. No curso medio, un curto tramo do río penetra enteiramente no territorio turco; isto foi acordado así no seu momento para evitar que a cidade de Edirne encarase na beira oposta territorio grego. O resto do río até o mar conforma a fronteira greco-turca. Cerca de Kastanies, vira para o sur, para desembocar en delta, finalmente, no mar Exeo preto da cidade turca de Enez.

A conca do Maritsa abrangue unha área total aproximada de 52.900 km²: un 66% da área total pertence a Bulgaria (34.900 km²); un 27,5% a Türquía (14.550 km²) e un 6,5% a Grecia (3.450 km²). O delta espállase por unha superficie de 188 km², dos que un 90 % é territoio grego e un 10 % turco.

O seu caudal medio é de 103 m³/s, pero submetido ao réxime de chuvias mediterráneo, o seu caudal pode alcanzar medicións extraordinarias, como ocorreu en febreiro-marzo de 2005, cando evacuou até 1.000 m³/s.

Como non é un río navegable é aproveitado para producir enerxía hidroeléctrica e para irrigación. Entre os encoros máis importantes do río cómpre destacar o de Kiprinos.

Afluentes principais

[editar | editar a fonte]

Localidades nas beiras

[editar | editar a fonte]

Entre os lugares importantes sitos nas marxes do Maritsa cóntanse:

En 1371, o río foi testemuña da batalla do Maritsa, tamén coñecida como batalla de Chernomen, unha sonada vitoria do Imperio Otomán sobre unha coalición serbo-búlgara. Vukašin Mrnjavčević e Jovan Uglješa perderon a súa vida no combate.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]