Fontecelta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°50′05″N 7°23′31″O / 42.83464, -7.39181

Fontecelta
Fontecelta Céltigos auga mineral.jpg
Fontecelta
TipoSociedade Anónima
LocalizaciónCéltigos, s/n
27680 Sarria, Lugo
IndustriaAuga
ProdutosAuga envasada
Páxina webfontecelta.com
editar datos en Wikidata ]

Fontecelta é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Sarria (Lugo).

Historia[editar | editar a fonte]

A planta de Fontecelta está situada no val que forman os ríos Neira e Sarria, na localidade de Céltigos, no concello de Sarria. Atópase no lugar dun antigo balneario que desapareceu na década de 1960.

En 1903 a auga do manancial foi declarada de utilidade pública e en 1928 foi declarada auga mineiro-medicinal polas súas propiedades. Na década de 1950 comeza o envasado e comercialización da auga Fontecelta, unha auga mineral natural con mineralización débil. Na actualidade, as instalacións ampliáronse en 8 000 metros cadrados, chegando a un total de 15 000.[1] A empresa foi propiedade de Rumasa, despois de Corporación Noroeste e logo do ex presidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez.[2]

Fontecelta envasa aproximadamente o 2% da auga producida en España, uns 110 millóns de litros cada ano.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]