Estación da Barosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°29′58″N 06°49′32″O / 42.49944, -6.82556

A Barosa
Situación Carucedo

A Barosa é un apeadoiro de tren de Adif, situada na Barosa, no concello de Carucedo, provincia de León. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Está situada no punto quilométrico 272,3 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 406 metros de altitude,[1] entre as estacións de Covas e Toural dos Vaos. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada RENFE.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

O ferrocarril cruza a localidade da Barosa. A estación é un pequeno recinto ao que só accede a vía principal. Unha única plataforma, por tanto, está habilitada para os viaxeiros. Conta cunha antiga sala e unha marquesiña disposta a través de dous arcos frontais e un lateral, ao seu lado atópanse algunhas instalacionas actualmente abandonadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.