Saltar ao contido

Movemento Comunista de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento Comunista de Galicia
Tipopartido político galego Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticamarxismo Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1976 Editar o valor en Wikidata
Disolución1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Movemento Comunista de Galicia (MCG) foi un partido político comunista creado en Galicia durante os derradeiros anos do franquismo como sección galega do Movimiento Comunista. A diferenza doutras federacións dos partidos da esquerda española, o MCG sempre contou cunha ampla autonomía real con respecto da dirección central, actuando ás veces coma un partido independente, feito que acercou o partido ao movemento nacionalista galego[1].

Os seus líderes eran Xesús Veiga Buxán e Carmen Santos Castroviejo. Durante a transición, o MCG formou parte membro do Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), xunto co Partido Socialista Galego, Unión do Povo Galego e Partido Galego Social Demócrata (fundadores) e Partido Carlista de Galicia (que se uniu ao Consello ao mesmo tempo que o MCG en abril de 1976)[2]. Nas eleccións constituíntes de 1977, o MCG participou na Candidatura Democrática Galega, unha coalición de socialistas, comunistas e demócratas-cristiáns para o Senado[3]. Promoveu o "Non" ao estatuto autonómico de 1981, por consideralo insuficiente.

Nas primeiras eleccións ao Parlamento galego en 1981, presentouse en coalición coa Liga Comunista Revolucionaria, recibindo 4,858 votos (0, 49%). Nas eleccións ao Parlamento galego de 1985 presentouse en solitario, recibindo só 1.327 votos, 0,11%. Nas eleccións municipais de 1987 e 1991 obtivo un concelleiro (nestas últimas, Padrón foi o único lugar onde se presentou). En 1991 uniuse a Inzar, xunto coa LCR, un grupo que algúns anos máis tarde entrou a formar parte do Bloque Nacionalista Galego.

Os seus órganos de expresión foron Galicia en Loita e Servir ó pobo.

  1. Beramendi, J. & Núñez Seixas, X. M. (1996). O nacionalismo galego. Edicions A Nosa Terra, Promocions Culturais Galegas, SA.
  2. Oposición política al franquismo y exilio en Galicia: Estado de la cuestión Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine., de Fernando Prieto Valdés y Alberto Romasanta Armesto, Espacio, Tiempo y Forma, S. V, Hª Contemporánea, t. IV, 1991, págs. 117-138.
  3. Muruais, Perfecto Conde (1980-01-12). "La izquierda gallega realizará una campaña conjunta contra el Estatuto". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-08.