Estación de Vilar de Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:


== Historia ==
== Historia ==
A vontade de unir [[Madrid]] vía [[Medina del Campo]] con [[Vigo]] polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de [[1864]]. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do [[porto de Pajares]] no ferrocarril de [[Asturias]]".<ref name="A">[http://www.afzamorana.es/linea_orense_intro.htm Liña Zamora-Ourense] Afzamorana</ref> É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o [[1 de xullo]] de [[1957]] coa posta en marcha do tramo [[Ourense]]-[[Pobra de Seabra]] da liña entre [[Zamora]] e [[A Coruña]].<ref name="A"/> A súa explotación inicial quedou a cargo de [[Renfe]] cuxo nacemento se produciu en [[1941]].
A vontade de unir [[Madrid]] vía [[Medina del Campo]] con [[Vigo]] polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de [[1864]]. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do [[porto de Payares]] no ferrocarril de [[Asturias]]".<ref name="A">[http://www.afzamorana.es/linea_orense_intro.htm Liña Zamora-Ourense] Afzamorana</ref> É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o [[1 de xullo]] de [[1957]] coa posta en marcha do tramo [[Ourense]]-[[Pobra de Seabra]] da liña entre [[Zamora]] e [[A Coruña]].<ref name="A"/> A súa explotación inicial quedou a cargo de [[Renfe]] cuxo nacemento se produciu en [[1941]].


Desde o [[31 de decembro]] de [[2004]] [[Renfe Operadora]] explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Desde o [[31 de decembro]] de [[2004]] [[Renfe Operadora]] explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2021 ás 15:54

Coordenadas: 42°09′48″N 07°35′55″O / 42.16333, -7.59861

Vilar de Barrio
Vista da estación
SituaciónVilar de Barrio
Vista da estación.

Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas

Véxase tamén