Porto de Payares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sinal na N-630, na entrada a Asturias desde Castela e León.

O porto de Payares[1] (en asturiano: puertu de Payares) é un porto de montaña que foi tradicionalmente a principal vía de transporte entre Asturias e a Meseta Central, ata a construción da autoestrada AP-66. Cunha altitude de 1.378 metros, é coñecido polas nevadas que recibe no inverno, as súas néboas nas noites de verán, as súas pendentes que chegan ata o 17% oficialmente e pola próxima estación de esquí, Valgrande-Pajares.

Tanto a estrada N-630 como as vías de ferrocarril aproveitan o mesmo paso natural, seguindo os vales do río Payares na vertente asturiana e do río Bernesga na leonesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021.