Portal:Ferrol: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
<!-- SABÍAS QUE...? --> |
<!-- SABÍAS QUE...? --> |
||
{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Sabías que...?'''|subpáxina=Sabías que...}} |
{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Sabías que...?'''|subpáxina=Sabías que...}} |
||
<!-- ARTIGOS BOS E CALIDADE --> |
|||
{{/cabezallo|''Artigos de calidade e bos''|{{FULLPAGENAME}}/Artigos de calidade e bos|}} |
|||
{{/Artigos de calidade e bos}} |
|||
{{/Rodapé|}} |
|||
Revisión como estaba o 18 de marzo de 2016 ás 14:47
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Piquito (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 8 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Artigo destacado
A Fundaçom Artábria é unha entidade cultural que procura o recoñecemento do galego (entendido como o portugués de Galiza) dentro da unidade lingüística galego-portuguesa. O seu ámbito de actuación é Ferrolterra e ten a súa sede social na cidade de Ferrol.
Artábria foi inicialmente unha asociación dedicada á defensa do galego e da súa identidade como portugués. Creada en 1992 no concello de Narón, o seu ámbito estendeuse logo aos concellos veciños de Ferrol e Fene, con persoas asociadas procedentes dos mesmos. Nesa etapa inicial, a Associaçom Reintegracionista Artábria organizou cursos de lingua en Narón e Ferrol, en ocasións colaborando con institucións municipais ou co movemento asociativo da comarca. É unha asociación sen fin de lucro, declarada de interese galego e clasificada como de interese cultural pola Xunta de Galicia en 1998, ano da súa creación. Financiada polas cotas dos socios, desenvolve todo o tipo de actividades socio-culturais: concertos, edición de libros, bandas deseñadas e outros materiais en galego, organización de cursos de lingua e doutras disciplinas, festivais, conferencias, excursións, campañas reivindicativas en torno á defensa do galego etc. Lugar de interese
A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade galega de Ferrol, e adicado ao patrón da cidade, San Xiao. Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.
Proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a Catedral de Mondoñedo. Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Imaxe destacada
Biografía destacada
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo, o Xeneralísimo ou simplemente Franco, foi un militar e ditador español, integrante do Alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.
Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na Segunda Guerra Mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno. Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|