Concatedral de San Xiao de Ferrol
Concatedral de San Xiao de Ferrol | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | concatedral e igrexa parroquial católica ![]() | |||
Estilo | arquitectura neoclásica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Diocese de Mondoñedo-Ferrol ![]() | |||
Arquitecto/a | Julián Sánchez Bort ![]() | |||
Dedicado a | Xián de Brivate ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1763 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1765 – 1772 | construción ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Ferrol ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao.[1] Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]O templo foi proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, e comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. Este templo estaba proxectado para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a catedral de Mondoñedo.
Descrición
[editar | editar a fonte]Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Está cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concatedral de San Xiao de Ferrol ![]() |