Castelo de San Filipe
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Castelo de San Filipe | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
![]() | |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°27′53″N 8°16′54″O / 43.4646, -8.28167Coordenadas: 43°27′53″N 8°16′54″O / 43.4646, -8.28167 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | renacemento (século XVI) |
Estilo actual | ? (Século XVIII) |
Estado actual | Bo estado de conservación |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de San Filipe[1] foi unha das fortalezas máis importantes da ría de Ferrol, construído no século XVI. Xunto a este castelo na ría tamén se atopan o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, que conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría. Este sistema foi mandado proxectar polo capitán xeneral do Reino de Galicia, o marqués de Cerralbo aos enxeñeiros Fratín, Spanochi e Muñíz.
Situación[editar | editar a fonte]
O castelo de San Filipe atópase na parroquia de Brión, no concello de Ferrol. Está á beira da ría, fronte con fronte co castelo da Palma.
Construción[editar | editar a fonte]
No ano 1589 comézase a construción do castelo auspiciada por Filipe II, do que toma o seu nome, e é entre os anos 1731 e 1755 cando o enxeñeiro Francisco Montaigú se encarga de deseñar unha serie de reformas, entre as que destaca a construción dun hornabeque, e foso e o proxecto da porta principal.
O seu deseño está baseado nas ensinanzas técnicas de Vauban e na adaptación ao terreo sobre o que se asenta.
Función[editar | editar a fonte]
A súa función consistía na defensa do porto de Ferrol apoiado polos castelos de San Martín e o de Nosa Señora da Palma, que se atopaba na beira oposta (a sur). Entre este último castelo e o castelo de San Filipe tendíase unha cadea en caso de ataque inimigo para evitalas entradas de navíos na ría.
O castelo facía o labor de gran fortificación que cubrise as as funcións de loxística e de coordinación da rede defensiva da ría.
Descrición e características[editar | editar a fonte]
Baseado nas ideas de Vauban a súa forma ven dada, tanto pola canle de entrada marítima, como pola orografía do terreo e nela podemos apreciar unha xeometría bastante regular, có hornabeque como elemento central.
Montaigú deulle a súa forma de abano aberto con capacidade para máis de setenta canóns a rentes da ría, xunto a varios recintos graduados ata chegar a un grande hornabeque orientado cara o monte posterior. Laboruse en cantaría de excelente labra. As austeras portadas foron deseñadas polo enxeñeiro La Ferrière.
Posuía unha planta en punta de frecha, dirixindo cara ó mar unha dobre liña de fogo organizada en dous pisos contando cun total de cen bocas do fogo; e proxectando cara a súa fronte de terra o grande hornabeque.
Un dos defectos deste baluarte é que estaba dominado polas alturas circundantes o que o facía parcialmente vulnerable ante un ataque terrestre.
Historia[editar | editar a fonte]
As orixes da fortificación de San Filipe remóntanse ao século XVI, en plena loita pola hexemonía marítima dos países europeos. Ferrol, como punto estratéxico para o aprovisionamento dos buques da Armada Real, necesitaba dun sistema defensivo eficaz fronte ás pretensións dos almirantes ingleses e franceses. Así no ano 1589 comézase a construción deste baluarte e doutros dous, o da Palma e o de San Martín.
En 1588, debido a unha treboada, parte das naves que formaban a Grande Armada de Filipe II buscou refuxio na ría de Ferrol. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol fracasando no intento, ó igual que en 1639 durante o ataque do exército francés ao mando do almirante Henri D'Escobleau cando os tres fortes demostraron a súa eficacia.
No ano 1656, segundo informes militares da época da fortaleza quedaba "... la puerta caída... y sin defensa ninguna por estar debajo de un monte que a pedradas puede echar la gente...".
O 25 de agosto de 1800 ten lugar un intento de apoderarse de Ferrol e destruír os estaleiros por parte dunha armada inglesa, que se dirixía a Exipto para loitar contra Napoleón, durante a Batalla de Doniños ou Batalla de Brión, con máis de cen barcos e 15.000 homes, mandados polo contraalmirante Warren, que tras enviar tres vagas contra o forte, que foron sucesivamente vencidas grazas a axuda dada dende o forte da Palma e das canoneiras situadas na ría o que obrigou ás tropas británicas a reembarcar, deixando máis dun millar de baixas nos intentos. Trala derrota inglesa, Napoleón celebrouno coa frase: "polos valentes ferroláns".
En 1809 ocorreu a ocupación francesa pero esta solo durou un mes.
Durante a guerra civil española funcionou como prisión militar, e nela leváronse a cabo fusilamentos de presos políticos. En xaneiro de 1938 foron mortos Amada García Rodríguez, Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Antonio Eitor Cañiza de Mugardos, Ramón Rodríguez López e Jaime González Pérez de Ares e Germán López García de Cabanas.
Protección[editar | editar a fonte]
Baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes do castelo de San Felipe.
|
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de San Filipe ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Castelo de San Felipe Concello de Ferrol. Depósito legal C 507-2008.