Julián Sánchez Bort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julián Sánchez Bort
Catedral de Santa María, Lugo, España, 2015-09-19, DD 06.jpg
Nacemento1725
Lugar de nacementoCuenca
Falecemento31 de agosto de 1781
Lugar de falecementoCádiz
NacionalidadeEspaña Española
OcupaciónArquitecto, enxeñeiro, militar
Coñecido porCatedral de Lugo, Concatedral de San Xiao de Ferrol e Arsenal de la Carraca
editar datos en Wikidata ]

Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz, foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España. Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol. Traballou nos arsenais de Ferrol, Cartaxena e La Carraca, Cádiz, no século XVIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concatedral de San Xiao, Ferrol.

Estudou na Universidade de Orihuela e comenzou a traballar en Murcia na década de 1740. Percorreu durante case dous anos cidades e portos nos Países Baixos, Francia e Flandres para formarse en enxeñaría hidráulica. Completou formación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Desde 1754 participou nas obras da base naval de Ferrol durante case vinte anos. En 1771 marcha a Navarra e, tras percorrer distintos destinos e ocuparse de diferentes obras da Coroa, en 1777 é destinado a La Carraca, Cádiz.

Ferrol adicoulle o seu nome a unha rúa do ensanche.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]