A Graña, Ferrol
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Graña.
| Santa Rosa de Viterbo da Graña | |
|---|---|
Igrexa de Santo André da Graña. | |
| Concello | Ferrol[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°28′55″N 8°15′36″O / 43.482, -8.26 |
| Poboación | 433 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Rosa de Viterbo da Graña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 433 habitantes (230 mulleres e 203 homes) distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 541 habitantes.
Limita ao norte coa parroquia de Brión, ao leste coa Cabana, ao oeste con Brión e ao sur coa ría de Ferrol. O topónimo fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola.
A Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa da Graña desenvolve actividades como o fútbol, remo, balonmán ou tenis de mesa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Graña, Ferrol.
- Praia da Graña.
- Vista xeral.
- Casa da Estrela.
- Vista da Graña desde a ría.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Graña
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Graña no concello de Ferrol | |
|---|---|